Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O ascenso na Ascensión 2014

miércoles, 04 de junio de 2014
Celebramos conxuntamente dúas festas moi importantes : a Ascensión do Señor aos ceos e o ascenso do Deportivo a “Primeira para sempre”. Noraboa. A noite foi longa aquí na Cruña , como longo é e o día dos fillos de Deus Noso Señor, unha vez “ascendidos” nel aos mellores terreos do noso ser.

Pois ben, herdando un antigo e constante costume na historia da cultura da humaninade, tanto a arte como a mesma Biblia colocan enriba, nos cumes, no ceo, todo aquilo que é mellor có que se fai de ordinario, todo aquilo que é o mellor, e todo aquilo que supón valores superiores e actitudes sobranceiras.

Deste xeito a palabra de Deus coloca nun plano visual superior todo o que se refire a Xesús canto a súa historia, canto a súa morte e resurrección; os coloca nun plano superior á extensión horizontal na que nós nos movemos de cote. E así dicimos que abaixo está o mal, abaixo está a dor, abaixo está o pecado, o sufrimento e a morte; nunha palabra, o inferno. En troques, arriba está o bo, o ideal, a vida, a resurreción, o ceo. E así, tamén, as mesmas Escrituras, imaxinan o encontró entre Deus e o home como unha traxectoria segundo a que Deus “descende” do ceo para falar, vivir e sentir co home, connosco, na terra; logo, rematada a súa obra, sube, ascende arriba, as mellores e máis bonitas rexións.

Daquela, a simboloxía da Ascensión non a debemos vencellar a esquemas e categorías de espacio, senón que a debemos tomar e entender no seu valor auténtico, éste: a Ascensión de Xesús significa a súa inserción, e a nosa, na esfera da comuñón efectiva e difinitiva co perdurable, co definitivo, co eterno, co divino; coa plenitud dos fillos na herdanza do Pai, de Deus.

É pois cousa verdadeira e é realista comprender que a Ascensión de Cristo é a gloriosa meta, cumplida xa nel, das nosas teimas, da vida que Deus nos deu, da eucaristía que celebramos aquí, na casa e no traballo, que realmente se convertirán, ascendidos das mágoas e traballos, pero levándoos nas nosas mans, na realmente “última Cea”, que é o Ceo ao que él subíu xa, esperándonos alí, ou aquí, a todos nós. E sendo así as cousas, é polo que sempre nas nosas eucaristías nunca deixamos de arelar: “Ven, Señor, Xesús”. Sí, porque cando él “baixa”, ó home, o crente, nós, ascendemos ao noso definitivo e inconmensurable destino.

Pola outra banda, cando estou a rematar estas verbas, paréceme que aínda se sinten nas beirarrúas da Praza de Catro Caminos os aturuxos dos últimos siareiros e siareiras que esmagaran contra a pasarela da fonte blanquiazul aquela as moitas mágoas do ano felizmente rematado, cando a algún deles –curuxa ao romper o día - dáselle por botar nos piares de Alfonso Molina o viño tinto do primeiro graffiti da próxima tempada do novo Depor: ”un pouquiño me veredes, mais outro poquiño xa non me veredes…”

Pero non. E seica maloserá. De todos modos…
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania