Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cálculo diferencial

lunes, 02 de junio de 2014
Os que nalgún momento da nosa formación estudamos cálculo diferencial, por máis que hoxe non lembremos nada sabemos que a explicación de gran parte da vida aparentemente imperceptible para a sensibilidade humana (practicamente tódolos aparentes misterios da física) atopan solución no estudo pormenorizado das funcións que definen as cousas neses tramos imperceptibles onde se poden sacar lecturas de máximos ou de mínimos, que en calquera ámbito se poden dar.

Vou tratar de poñer un exemplo práctico. Se vostede colle unha vara de un metro de longa e a parte pola metade, o resultado serán dúas varas de medio metro. Se colle un dos anacos e o volve partir pola metade, obterá senllas metades de un cuarto de metro. E se esta operación a repite moitas veces, chegará un momento en que a vara será tan pequena que non sexa quen de collela nas mans. Pero no campo da teoría sempre haberá unha medida que poderá dividir en dúas, por máis que esa medida sexa infinitesimal. Pois ben, a conclusión é que por máis que a vara tenda ó cero, as divisións pode seren infinitas e velaí que neses límites imperceptibles é onde entra o cálculo diferencial co fin de darlle unha explicación a aparentes contradiccións entre o estudo e o real.

E dirá vostede, que para qué me meto en semellante berenxenal. Pois para analizar a parte imperceptible dunha fotografía que vin onte neste mesmo no xornal e que certamente, nestes tempos de apostasía xeneralizada da política tradicional, constitúe unha tomadura de pelo ós cidadáns que malia todo aínda cremos que a política debe ser unha cousa seria.

Supoño que reparou nela, porque non deixaba indiferente a ninguén. Eran cinco concelleiros do grupo de goberno de Ourense en actitude frívola no Paseo do Miño sinalando cun dedo un fito quilométrico que seica ían inaugurar. Coma se aquel marco fose a máquina da risa e o Concello que están a gobernar a fábrica da felicidade porque a súa situación política actual é un bálsamo para os habitantes da capital.

Vaiamos, entón, á análise por cálculo diferencial.

Cómo se xestou a imaxe denantes de que fose captada polos fotoxornalistas? Loxicamente alguén convocou á prensa analizando a oportunidade estratéxica da aparición pública dos cinco concelleiros ourensáns. Alguén pensou tamén na postura e na mensaxe que con esa postura debían lanzar. Como alguén tivo que pensar, así mesmo, no destinatario da mensaxe. É dicir, alguén -neses momentos imperceptibles- provocou conversas entre eles para que todos ó unísono decidiran univocamente "posar".

E todo elo para poñer en evidencia a un alcalde que tan pronto viu a foto debeu de asinar cinco decretos de cese. E non porque estiveran ríndose del, senón porque -lamento dicilo tal cal- estábanse rindo á cara de tódolos ourensáns.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES