Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Poio á Toxa

viernes, 30 de mayo de 2014
Era o martes día 27 de maio de 2014 cando o Alumnado da Uned Sénior de Xestoso acompañado polos seu Coordinador D. Luis Ángel Rodríguez Patiño e o seu Profesor D. Felipe Senén López fixeron a visita guidada pola Ría de Pontevedra.
Como a lección ademais de ser sumamente interesante, era larga; fomos aproveitando por capítulos ben diferenciados, aínda que todo estivera englobado na mesma paisaxe:

MOSTEIRO MERCEDARIO DE POIO

A primeira parada fixémola diante do hórreo de cantería que nos mostra o poderío que o Mosteiro tivo sobre a vida agrícola e os labregos doutros tempos, principalmete dos tempos en que o mosteiro estaba ocupado por benedictinos, antes de ser desamortizado en tempos de Mendizábal, no ano 1835.
De Poio á Toxa
Hoxe en día está adicado a hospedería e conta tan só con oito relixiosos da Orde Mercedaria, que noutro momento naceu para rescatar cautivos.
A maxestuosidade do edifício consérvase en bo estado.
Xa no interior tivemos ocasión de visitar as dependencias abertas ó público:
-A CAPELA DE SANTA TRAHAMUNDA, patrona dos emigrantes. Santa galega que foi levada a Códoba en tempos pasados da nosa nosa relación cos musulmáns e que misteriosamente apareceu en Poio. Ó carón da santa está o seu sarcófago esculpido en granito galego.
-O CLAUSTRO DAS PROCESIÓNS, onde entramos cando as campas tocaban as doce do mediodía. Non tocaban a ÁNXELUS. Seguramente poderia ser um toque indicado para o lugar, pero non.
Consta dunha fermosísima bóveda de crucería obra dos arquetectos Ruiz de Pamames e o Mestre Mateo López; sen descontar o valiosos labor dos canteiros e o granito da zona.
De Poio á ToxaNo centro unha fermosa fonte barroca que se abastece da auga pura e cristaina do Monte Castrove e brota alí despois de percorrer dous quilómetros por unha tubería de pedra. Está rodeada dun verde xardín de camelias.
Mirando á planta superior vense tres reloxios de sol que durante moito tempo dirixiron o horario e a vida dos monxes.
Unha ampla sala -antigo refectorio- ofreceunos unha exposición de mosaicos con personaxes relixiosos que fixeron historia e obras escutóricas distribuídas co esmero ó longo da mesma.

A continación pasamos ó CLAUSTRO DO CRUCEIRO.
Presidido por un enorme e precioso cruceiro, rodeado dun coidado xardín. No seu percorrido pudemos observa-los mosaicos do checo Antoine Moucherek que recubrían as paredes do mmesmo mostrándonos os monumentos máis destacados do Camiño de Santiago desde Roncesvalles ata Compostela.
Moicherek foi Director da Escola de Belas Artes e fillo adoptivo da cidade.
E para coroa-la visita pasamos á IGREXA por unha porta diante da cal se atopa a sepultura onde se pode ler: REY SOTO: poeta e dramaturgo; e sábese que foi un Mercedario de renome porque debaixo está o escudo da Merced.
Dentro da igrexa, quedamos deslumbrados coa beleza do seu retábulo barroco, rematado en 1631 e flanqueado por dúas columnas salomónicas belamente adornadas con diversos motivos e que acollen no seu interior á NOSA SEÑORA DA MERCED, acompañada por Xoán Bautista e Santo André.
O retábulo presidía a nave central, pero a ambos lados había outras dúas aves máis sinxelas nas que tamén había un altar adicado a Cristo e outro ó Fundadores da Orde Mercedaria: San Pedro Nolasco, San Ramón Nonato e San Antonio.Esta último non foi dos fundadores, pero algo debeu ter con unha das dúas odes que habitaron o mosteiro.
Ó fondo da igrexa estaba o coro cunha balaustrada de granito, magnífica obra do renacemento; e detrás o órgano.
Botando un vistazo em xeral, puidemos contemplar a obra renacentista do edifício en simbiose co barroco do retábulo que foi o primeiro que nos chamou a atención.
Debaixo dos nosos pés había um enlousado de granito xeometricamente ordenado onde descansan tres centas sepulturas, das cales dúas centas pertencen a persoas maiores e cen a nenos. Este último dato fálanos da mortandade infantil daqueles tempos no que o cemiterio estaba ubicado dentro da propia igrexa.

COMBARRO

Un simbiose entre o mar e o agro que foi escenario de moitos feitos de relevancia, está sendo “transformado” por un certo aire “modernista” un tanto desafortunado que le perde encantoe enxebrismo.
Aínda así os seus horreos familiares situados como colgantes que conviven coas lanchiñas á beira do mar que nos falan de experiencias habituais ata non hai moito.
As súa calexas estreitas que comunicacn co mar, os seus soportais, as súas rúa empedradas ó natural por alguns tramos, ás súas escalinatas poboadas de floridos xeranios, a paisanaxe representada por algunhas mulleres que se asoman para vender os seus productos, etc.
Destaca algunha casa como a dos pais do PREMIO NÓBEL DA PAZ, residente en arxentina: PÉREZ ESQUIVEL.
Combarro segue a ser Combarro, pero con menos “barro” e menos encanto que antes.

A COSTA VERDECENTE

Florida e fermosa poboada de chalets que nos falan de xente de cartos, persoas destacadas da nosa historia ó mesmo tempo que deixou a súa pegada o Padre Silva na praia de Areas onde acampaba por aqueles lares coa súa Cidade dos Muchachos e que -desafortunadaente-, hoxe poucos nos acordamos daquela persoa entregada á infancia desprotexida.
Zona eminentemente turística com rosário parias etrelazadas como as de:
- Raxó.
- Dorrón.
- Xilgar en San Xenxo que ten un muro diseñado por Antonio Palacio que lle deu o título de “Área de calidade”.
- Portonovo cun gran parque.
- Praia de Canelas onde abundan as canas.
- Praia de Paxariñas.
- Praia de Montalvo cunha vista excepcionais, unha área branca e fina que fai o deleite de propios e estranos.
- Praia de Major.
- E por fin a praia da LANZADA.

A PRAIA DA LANZADA

Esta é a pria por excelência debido a varias razóns:
-Restos dun castro.
-Restos romanos
-Restos dunha torre medieval.
-Restos de tumbas medievais onde descansan restos mortais de moitos escravos que traballaban nas salinas ó servizo de Santiago e tamén do Mosteiro de Samos.
-Capela de NOSA SEÑORA DA LANZADA, que puidemos visitar porque estaba aberta e según nos dixo o Profesor que había a tradicción de psar por detrás do altar cunha vasoira varrendo todo o mal e practicamente todo o Alumnado Sénior quixo disfrutar daquela experiencia, en calquera caso máxica e graciosa.
Seguindo camiño pasamos polo itsmo que une com san Vicente do Mar e poidemos comprobar como Aída quedan restos dos AERÓDROMO que haoubo alí para disfrute das autoridades que veraneaban pola zona. Hoxe aprovéitase para facer prácticas para saca-lo carne de conducir.
Na beira do mar había un edificio que foi hospital antitubercuoso que impediu que se rematara o de Cesuras. Hoxe en día está destinado a um centro da tercera idade.
A nosa esquerda deixábamos o MONTE MECO onde en tempos medievais aforcaron a um señor feudal os mecos. Chámanlles mecos ós habitantes do Grove.

A ILLA DA TOXA

Un lugar paradisíaco destinado ó servizo do capital despiadado do Banco Pastor.
Un pequeno espazo reservado ó público en detrimento doutro reservado á clase alta que mostra claramente a diferenza de clases que reina no noso país.
A illa estaba deserta, cheiro a algas queensanchaban os pulmóns dos que nos gusta o mar, o clima pouco apacible, tan só poñían unha pincelada de cor unha excursión de nenos de oito ou nove anos que admiraban a capela de San Carlampio e a continuación xa se foron disparados para un parque infantil próximo. Os nenos coa súa inxenuidade disfrtaron da visita máis que os Séniors que víamos a crúa realidade.

O GROVE

A choiva recibiunos na illa da Toxa e xa nos acomapñou ata o Grove que nos mostrou un gran porto cheiño de barcas de todo tipo e condición que no verá farán as delicias de moitos cos seus mini cruceiros pola ría e degustación do rei “MEXILÓN” regado con ALBARIÑO; pero neste momento todo estaba sumamente parado.
Os únicos transeuntes éramos os Séniors da Uned de Xestoso que entramos nalgún café para facer a parada técnica ó mesmo tempo que comprobamos a desesperación dos empresarios da hostalería que tiñan uns prezos esaxeradamente altos.
Toda a esplanada do porto estaba á nosa disposición polo que non tivemos quen nos despedira como non foran as esculturas que nos falaban de temas mariñeiros.
Teremos que volver cando haxa máis ambiente.
Nesta ocasión demos por rematada a lección e emprendemos a viaxe de retorno.
Foi unha lección larga, pero moi ben aproveitada.
O Profesor e o Coordinador mostráronos o seu agradecemento ó remate da viaxe, emprazóndonos para a próxima que será á Mariña Luguesa.
Outra preciosa cara da mesma TERRA GALEGA.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES