Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Olimpia Pérez: Esquecida

viernes, 30 de mayo de 2014
Lector/a amigo/a.¿lémbrase de Olimpita?... Orfa de nai, na compaña do pai, médico municipal, coñecido por’’don Manuel da Congostra” porque ali fixara o domicilio, chegara a Foz en 1941.

En 1968, “Gaceta Médica”, do Colexio Médico de España, nas páxinas literarias, ocúpase da súa poesía e dalí piden ó cronista moi breve semblanza que encabece o traballo; e escribimos:“Olimpia Pérez., mujer de alma sensible,domina los campos de la cultura que, por la poesía, expresan un estado anímico, una vivencia, un sentimiento.... Hija de médico, a su lado forjó el espíritu de hondo humanismo, y de amor a la labor de aquellos galenos que canta en sus versos, huyendo de formas almibaradas y de perfumes de salón, transpirando aromas campesinos y marineros del Foz donde reside..”.

Teceu a súa obra; foi voz poética do pobo; icona cultural e musa da intelectualidade. O vate viveirés César Michelena dixera: “Sorbió de Foz la inspiración más pura / en la fuerte impresión de tal belleza; /supo captar de la Naturaleza /el íntimo sabor de su hermosura...”

Cantou a Foz; ó mar e ós mariñeiros; a personaxes populares, ás praias; ó Entroido, ó San Lourenzo e a Virxe do Carme; ó Asilo, ó naufraxio do Jesús Nazareno... En 1998 publicou “Foz en el recuerdo”, que presentamos na Feira do Libro daquel ano; e en “Mulleres destacadas de Galicia”, E.Alvarellos fai a loa da mesma. O“Alalá do Masma” musicado por F, Canoura, é un fito local.. Tal actitude, xenerosa e altruista, nunca foi recoñecida polo estamento oficial.

Para os Premios Manuel María, do ano 2005, o cronista a propuxera candidata a un dos mesmos; o infortunio da iniciativa foi tal que non mereceo sequera a cortesía elemental do acuse de recibo da suxerencia por parte da organización.... A poetisa, que nunca soubo da proposta, foi investida Dona de Isabel de Castro por O Mundo de Galea e a Coral de Foz homenaxeouna cun concerto na súa honra, no que cantou o “Alalá”. Olimpia, nonaxenaria (30.05.24), lonxe do seu pobo, vive a vellez serena, nostálxica do Foz que tanto cantou..Lembranzas para ela..

(Suso Fernández é cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES