Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Museo etnográfico de Grandas de Salime

jueves, 29 de mayo de 2014
Un día radiante de primavera cando a natureza vestía os seu traxe de gala multicolor e o astro rei aloumiñaba as terras galegas e asturianas; un nutrido grupo de amigos procedente do Paraíso entre Ríos da Comarca das Mariñas de Betanzos, dirixímonos a Grandas de Salime para visitar o seu Museo Etnográfico.

Somos amantes dos museos en xeral e dos etnográficos en particular. Visitamos moitos por toda Galicia e o veciño de Grandas de Salime en Asturias, non podía faltar.

Dirixímonos a Grandas polo CAMIÑO PRIMITIVO que comunica Oviedo con Santiago de Compostela.
Encontramonos con infatigables peregrinos que se dirixían a Compostela para bica-lo Apóstolo.

Ían cansados peros felices. Víaselles cara de moita felicidade.

¡Qué mérito teñen!

¡E cantas razóns terán para facer o esforzo que fan!

A verdade é que lle poñen unha pinceladaa de humanidade e de espiritualidade á paisaxe.
Son xente encantadora que deixa encantada a terra por onde pasa....

(Noutra ocasión falareille sobre as miñas conversas con peregrinos de diferentes países)

Agora situámonos na Fonsagrada, a vila máis alta de Galicia, que nos ofrece o seu encanto: a súa fonte, a súa igrexa, a recén estreada Casa do Concello, o seu Museo, os seus cafés, o ir e vir das súas xentes, o silencio, a paz, o aire puro dunha vila de alta montaña...

Un pouquiño máis aló, xa nos esperaban en Grandas.

Recibíronnos con suma amabilidade un fato de xoves que nos ían dirixindo polas distintas dependencias:

-A RECTORAL:
Onde nada máis entrar xa nos remexeu no noso ser interno de galegos do medio rural.

Tíñamos moi recente a nosa casiña da aldea coa súas dependencias cargadas de gratos recordos:

-Arredor da lareira con tódolos seus enseres.

-Nos cuartos onde relembramos a nosa etapa de bebés ó atoparnos cun berce como o que nos arrulou nada máis chegar a esta vida.

-Tampoco faltaba unha boa bodega. Xa se sabe: na casa dun cura...non faltaba de nada.

As emocións brotaban de todos e de cada un dos visitantes.
Era unha auténtica gozada.
¡UNHA AUTÉNTICA GOZADA!

-O CURRAL:
Alí atopámonos co hórreo asturiano (a paneira) que aínda que é diferente ó noso, ten o seu encanto e a uns máis e a outros menos, pero a todos nos trouxo lembranzas con sabor a pan, sabor a xamón, sabor a millo...
Os carros, os diferentes tipos de rodas do carro do país, etc, etc...

-A CASA DO MUIÑEIRO:
¡Que sensación tan gratificante ver moer un muiño de auga e cheirar o olor a fariña fresca, a rodicio, o ruído da auga...!
Tamén tiña unha exposición sobre a sega, as gadañas, os diferentes cornos para garda-la pedra de afia-la gadaña....
Rostros de persoas do lugar e da época...
A súa exprexión corporal, non verbal, xa dicía todo.
Unha imaxe vale mais que mil palabras
¡Que preciosidade!
Non faltaba detalle.

-A CASONA:
Alí había de todo, non faltaba nada dos servizos de calquera aldea que se preciara de ter de todo: taberna, fotógrafo, correos, consulta médica, barbería, perruqueiría, xastrería, dentista, luz eléctrica, apicultura, o calzado (Zocas de todo tipo), a costureira, caza, pesca, cociña económica, o forno de coce-lo pan......
E por se esto fora pouco aínda tiña unha fábrica de gaseosas... Alí por faltar non faltaba nin a Casera...

E nos alpendres anexos todo tipo de apeiros agrícolas desde unha limpadora ata unha carretilla, pasando pola máquina de mallar, a de moe-lo millo para o gando, a sachadora, etc, etc.

Alí encontrábase todo o que o ser humana do medio rural usaba naquela zona ata o século XXI.

Por non faltar tampouco faltaba a CAPELA presidida polos seus santiños e a representación das diferentes etapas da vida cristiá: bautizo, comunión, confirmación, voda e defunción.
Para facerse unha idea ata había un féretro de aluguer....Teño que confesar que para min o feito de alugar un féretro, foi toda unha novidade

Hoxe en día o Museo é unha institución pública sostida polo Consorcio para a Xestión do Museo de Grandas de Salime, no que interveñen a Consellería de Cultura e Turismo, a Consellería de Medio Rural e Pesca do Principado de Asturias, o Concello de Grandas de Salime, a Universidade de Oviedo, a Caixa de Aforros e a Asociación de Amigos do Museo Etnográfico de Grandas de Salime.

Pero eu teño noticias de que o motor principal foi unha desas persoas sencillas do pobo liso e llano que traballan silenciosamente por unha causa, que fan moitísimas cosas boas e importantísimas; pero que por diferentes razóns quedan nun segundo plano, cando non no esquecemento.
En calquera caso en boa medida, o mundo funciona o ben que funciona grazas ó intenso labor de persoas así, persoas que fan o que fan por amor, porque senten no seu interior a necesidade de facer o que fan independentemente do recoñecemento que se lles teña.
Fano porque si, porque lles gusta, porque lles nace... Eso é todo.
Pero do que non cabe dúbida é que un museo como este é cousa de moitos: moitas persoas, moitas institucións...
A todos o recoñecemento e o agradecemento que se merecen.

Preguntarase vostede porque lle dedico este artigo a un Museo tan famoso do que se pode coller información por diferentes vías.

Pois ben, gustaríame te-las palabras axeitadas para expresa-las emocións que brotaron de cada unha das persoas que me acompañaban o día da visita, pero non as teño porque en moitas ocasións a palabra non ten capacidade para expresar o que unha persoa sente.
¡Son tantas e tan profundas as vivencias..!

O que si podo expresar no nome de todo o grupo e no meu nome propio, é o esmerado trato das persoas que nos guiaron.
Sentímonos perfectamente atendidos e con suma delicadeza e moitísima calidez humana.
Unha vez máis constatamos que “Gallegos y Asturianos, primos hermanos”

Pero estou segurísima de que calquera visitante da nacionalidae que fora se mostrará igualmente agaradecido porque este museo está moi logrado, pero que moi logrado en el hai moitísimas, moitísimas horas de traballo e o que é aínda máis importante: MOITÍSIMO AMOR.

O amor ó medio rural, o amor á vida dos labregos, o amor á agricultura, o amor á gandeiría, o amor á terra. O amor á vida mesma.

Todo un mar de suores e máis suores de moitísimas, MOITÍSMAS persoas como vostede e coma min que lles tocou nacer e vivir nun tempo no que o sustento era directamente extraído do zume da terra.

Os nosos ancestros que nos deixaron un vivo recordo do seu vivir de cada día e que nós agradecemos desde o máis profundo do noso corazón, porque polas nosas veas circula o mesmo sangue que circulaba polas deles.

Estamos feitos da mesma masa, témo-los mesmos sentimentos, as mesmas luces e as mesmas sombras.

Somos un elo, un eslabón máis da mesma cadea humana.

Independentemente de que vostede pretenza o medio rural ou ó urbano, se leu este artigo significa que vostede e máis eu temos en común o amor á terra, o amor ós labregos e o amor ó enxebre. Porque na pureza e na sencillez, está a esencia de todo.

Como sei que vostede é unha persoa pura e sinxela, animeime a escribir este artigo adicado ó puros de corazón como vostede para que disfrute de todo o auténtico que ten a vida que non é pouco.

Vostede meréceo..

E se decide vistar este museo... seguro que poderá experimentar con creces o que eu lle explico con estas humildes pero sinceras palabras.

Vostede decide.
¡Faltaría máis!

.
Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aquí o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES