Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha boa nova

miércoles, 21 de mayo de 2014
Hai agora unha semana (cando a lectora ou lector lea isto) erguinme coa nova de que a Gabriel Pérez Castellanos conseguiu clarificar que as persoas cunha diversidade funcional visual poden acceder á carreira xudicial. Agora Gabi ten entre mans un máster en Dereito Laboral mais sabe que ten aberta unha nova opción.

Debo confesar que cando escoitei a nova pensei o mesmo que moitos outros “pero a xustiza, non era cega?” sendo así a diversidade de Gabi non pode ser, en ningún caso, un impedimento; tal como o verificou o Consello Xeral do Poder Xudicial. En todo caso, a de Gabi é unha loita con ecos colectivos que lle abre camiño a moitas persoas no futuro e por iso o seu froito é un froito compartido que todos debemos celebrar.

Estou seguro que o éxito de Gabi é chegar a onde el queira no tocante ao mundo do Dereito. En todo caso, el pediu axuda para este éxito na plataforma change.org que está logrando paliar moitas situacións límites e mudar inxustizas flagrantes; polo tanto, nalgún sentido a súa vitoria colectivízase en 114514 persoas que cremos nunha sociedade inclusiva na que cada profesional sexa xulgado exclusivamente por criterios técnicos que poñan de manifesto o xeito de desenvolver a súa profesión.

Agora a diversidade funcional levantou a veda noutro eido da vida pública, mais estamos na obriga de pensar cantos eidos fican por conseguir. Se pensamos isto non podemos evitar a ironía de que vivimos nun país que hai case 11 anos promulgou unha Lei de Igualdade de Oportunidades e Accesibilidade Universal. De novo, temos que loitar por materializala e naturalizala no seo da sociedade.

Gabi ten que ser o primeiro de moitos éxitos que leven ás persoas con diversidade funcional a conseguir a través da valoración dos seus ilímites a plena autorrealización persoal e isto ten que ser unha vitoria colectiva.

(Iago Santalla é educador social e coach)
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES