Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Mato hai 50 anos

lunes, 19 de mayo de 2014
Fai por estas datas 50 anos (1964) estabrecíase en Foz, un persoeiro singular, que voltaba do exilio americano no que estivera dende o estourido da guerra civil (1936), que o pillara de Director Xeral de Seguridade da República. Era don Ramón Fernández Mato, escritor, xornalista e político.

Natural de Boiro, casara no Valadouro, con guapa e rica moza. Licenciado en medicina en Santiago; compañeiro de Castelao: ambos foran membros da Tuna: o histórico galeguista tocando a guitarra e Mato, presidente do colectivo. A estadía deste na vila, por catro anos, propiciou a presencia nela de persoas das letras e o xornalismo, con distintos motivos, pero sempre con él como centro, e en casos participando en actos culturais.

O primeiro en facelo fora o pontevedrés, residente en Barcelona, onde era membro da redacción de La Vanguardia, Alvaro Ruibal.Chegado éste a Foz, casualmente dirixeuse a nós para preguntar polo domicilio do amigo. que vivía en casa da rúa Paco Maañón e alí o acompañamos. Don Ramón era home de gran personalidade física e intelectual, así como de inxenio pródigo e igual simpatía; o poeta Rei Soto dixera dél: “Se parece a don Félix de Montemar./ : apuesto, calavera y poeta, fue terror de beatas./ Lo mismo en los estrados, que en timbas y chirlatas / triunfó su esbelto talle y su mostacho enhiesto;/ siempre el oro o la vida a jugarse dispuesto, / más le placen las obras que las necias bravatas,/ e igual ante hosteleras que regias azafatas, / si son bellas, se curva en un rendido gesto./ Trasnochador, después del mediodía / suele dejar el lecho: almuerza, se atavía/ y en las tardes serenas, tibias y perfumadas,/ cuando todo es azul, calma, melancolía / sale al campo y, a solas, teje su fantasía...”

A cotío facíase acompañar por dous cadeliños, inquedos, ladradores e rebuldeiros, ...ó chegar á súa casa e chamar ó timbre, os cadelos deron en ladrar e estarabouzar de xeito desaforado e alborotador, coma se fosen un feixe deles. De súpeto aparece don Ramón que ó vernos, exclama: “¡Ai, sodes vós: pasade ... entrai sen medo, que os meus cans non comen calquera cousa...! “

(Suso Fernández é Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES