Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sorpresas

jueves, 15 de mayo de 2014
Chamareille “sorpresas”, por chamarlle dalgunha maneira. O certo é que a min sorpréndenme moitas cousas.

-Sopréndeme que un adolescente me diga:
“No meu instituto, a vagancia é un orgullo”

Cando oín esto a verdade é que me quedei moi sorprendida e o peor de todo é que me parece que é verdade porque mo dixo con pleno coñecemento de causa.

Ou sexa que se unha boa parte do alumnado pensa así... seguramente que tamén actuará da mesma maneira. O que significa que como presumir de vago é un orgullo...
Daquela: ¿Que pode facer o profesorado?

Nin que dicir ten que cando me dixo eso, a miña reacción foi automática e deu pé para unha serie de reflexións que seguramente levaron consigo unha boa dose de responsabildade que máis tarde ou máis cedo dará os seus froitos.

-Sopréndeme que un neno de curta idade me diga que se deita ás doce ou á unha durante o curso escolar e no verán ás cinco da mañá e o que é peor: que está na compañía de seus pais.
Ou sexa que os pais son conscientes desa situació e favorécena.
Unhas veces ven a televisón “en família” a altas horas e outras andan polo mundo como se de vagabundos se tratara.

Eu pregúntome:
¿Poderá render o rapaz na escola se ten carencia reiterada de descanso?

¿Que levará esa criatura na súa cabeciña cando chegue á escola?

Eu non o chego a entender.

Cando eu era nena dicíanme: “Antes de las diez en la cama estés, mejor un poquito antes que después”
Naqueles tempos os nenos durmíamos moito; os de agora deben ser máis despertos...

Agora parece ser que para ser unha “persoa desperta” o remedio está en trasnoitar.

Sempre pensei que as persoa que teñen que trabllar de noite, deben levar mal o equilibrio biolóxico porque aínda que intenten durmir de día debe resultarlles difícil con tantos ruidos.

Antes tamén se dicia que “O que perde a noite, perde o día”
Agora parece ser que cambiou a cousa...
Na miña vida tal vin. ¡Co ben que se descansa de noite!

A min eso non me cabe na cabeza; pero hai a quen si.
¿Será tan diferente a miña cabeza da súa?
¿Como pode haber cabezas tan diferentes?
Xa sei que na viriedade está o gusto, pero nin tanto nin tan pouico. ¡Digo eu!
A min sorpréndeme. Teño que confesar que me supera.

Tamén me contaron de nenos que andan ás tantas da mañá por aí e que se quedan dormidos de pé.
Non mo cre?…pois eu non os vin nunca porque eu ando pola vella; pero dixéronme que era certo.
Si, si e están con algún parente adulto. Non acabo de comprender con que finalidade os levan.

¡Moi diferentes somos!

O que si vexo eu é como nenos de curta idade levan as “maquinitas” á misa e nada máis saír pola porta xa se enchufan automaticamente a elas e aínda que queiras dicirlles algo, non o fas por non interrumpilos.

Nos meus tempo correteábamos polo adro uns tralos outros e xogábamos á pilla ou a calquera cousa. Outras veces pelexábamonos, pero facíamo-las paces enseguida.

Os nenos de agora non xogan como noutros tempos.
Logo explícase que moi novos empecen cos problemas de columna. Claro non fan exercicio e non se fortalecen fisicamente.
A culpa débena ter as maquinitas.
¿Ou terán algo que ver os adultos tamén?

¿Que lle parece?

A min sorpréndenme. Non podo remedialo.

Hai outras moitas cousas que me sorprenden:
-Sorpréndeme a capacidade que teñen algunhas persoas para “autoenganarse”. Son persoas que nunca na vida as ves na igrexa e non sei por que razón un dúa aparecen para que o seu pupilo faga a primeira comunión. (A primeira e a última).
Lévano catro días á misa –e dito sexa de paso-a criaturiña non se entera de nada- e aí queda eso.
“Para que outro día non diga que non fun bo pai ou boa nai...”

Nunha ocasión un pai ensinábame as fotos da primeira comunión da súa nena ó mesmo tempo dicíame:
¡Como xa sei que non se vai casar, polo menos vina bonita o día da comunión!
Eu non dicía nada pero pensaba para min: “Algo é algo”. “Viivir para ver”

A min sopréndenme este tipo de conductas por varias razóns:
A primeira é porque os seus pais levan todoa a vida do neno dándolle exemplo de non pisar a igrexa.
A segunda porque con ir á misa unhas cantas veces...¿Vai entender o neno o que significa ser e vivir en cristián?
A terceira é que pasado este período o neno igual que os seus pais abandorará e...
Total: ¿Que?

A verdade é que hai cousas que me sorprenden.
Claro que tamén hai quen di que todo é cuestión de mentalidades. Hai quen se mentaliza para este tipo de cousas e chega a crer que é normal facer así.

Coñecín unha persoa que cando non entendia o que significaban certas conductas, dicía: “Hai que deixa-lo can coa roca”.
Ten tanto sentido darlle unha roca a un can para que fie la para unhas medias, como facer outro tipo de cousas que non se entende que sentido teñen, se é de que teñen algún.

A min educáronme para “SER OU NON SER”.
Cada persoa ten as súas opcións preferidas e é moi libre de actuar como queira. Tamén é certo que cada actuación leva consigo unhas consecuencias.

Miña nai dicía que non había nada como “DAR TEMPO Ó TEMPO”.
Xa o tempo se encargará de poñer cada cousa no seu sitio.
Todos necesitamos aprender dos nosos propios erros. Tal vez esa sexa a razón porque nos comportamos duha ou doutra maneira.
Eu non sei se estou acertada ou non, pero quixen facerlle estas confesións porque vostede seguro que ten as ideas claras.

Afortunadamente hai moitas persoas que as teñen.
Eu coñezo a moitas e esas son as que fan que o mundo vaia
todo o ben que vai.
E tal é bo.

Graciñas por ler estas confesións miñas.
Se non as dicía non me quedaba tranquila.
Eu son unha muller do século pasado e xa me quedan grandes algunhas cousas.
¿Será cousa da idade?

Por certo, para o vindeiro xoves intentarei escirbir algo sobre:
“COUSAS DA IDADE”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES