Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miradas puras

jueves, 08 de mayo de 2014
Estamos en primavera e a natureza preséntanos orgullosa o seu traxe de gala florida e fermosa.

Se a natureza vexetal, mostra o seu esplendor, non é menos a animal:

- Os paxariños novos alegran a vida cos seus rechouchíos matutinos e otros moitos animais están marcados polo instinto para criar novas vidas, entre eles os cans.
-A esta alturas son moitas a persoas que temos a sorte de poder gozar dun cahorriño que nos mostra a cara da pureza, a cara da fidelidade, a cara da alegría, a cara do xogo, o valor da compañía....
-E cando se trataa dun bebé ¿Que dicir? Nada mellor. Por algo o ser humano é o superior da creación.

A min, igual que a outras moitas persoas, tócame gozar das miradas puras da infancia que me rodea e tamén da mirada tenra, cariñosa e delicida dun cahorriño de pastor alemán.

Os nenos son o mellloriño que hai. Móstrannos o lado positivo da vida coa súa dozura, a súa mirada, a súa inxenuidade, a súa cratividade, o seu agradecemento e a súa proxección dun futuro prometedor.

Son máis dóces que o mel porque lle dan á nosa alma un pracer sen igual. Neles sentímonos realizados proxectando a nosa traxectoria vital na súa tenra personalidade.

A súa mirada agradecida, di todo. Eles sen nós non poderían sobrevivir; pero ó mesmo tempo tamén nos dan vida, estírannos a alma e fannos felices.

A súa inxenuidade sácanos de quicio moitas veces. Eles confían en nós aínda que nós nos sintamos inseguros de nós mesmos. Desa maneira danos fortaleza.

A súa creatividade é inigualabale: coa súa imaxinación constrúen novos mundos. Algo que os maiores non vemos factible, eles son capaces de crear realidade. A sú imaxinación permítelles albiscar novas posibilidades e novos mundos aínda sen descubrir.

O seu agradecemento cando realmente es capaz de conseguir para eles algo que necesitaban imperiosamente, é indescriptible. Dannos leccións de valor e loita para conseguir un futuro prometedor.

Teño que confesar que sempre disfrutei moito coa infancia e aínda que podería parecer mentira, co paso dos anos aínda disfruto máis porque contribúen a rexuvenecerme por dentro e eso é moito de agradecer a certas alturas da vida.

Unha lección moi parecida, dánnola as mascotas. Estes días estouno comprobando cun cachorro de pastor alemán que é precioso, listo, pillabán, xoguetón, agradecido, cariñoso, gardián cumpridor, tenro, mimoso, moi amigo dos nenos e tamén dos que lle dan cariño.

Os que o ven din que é moi bonito. A min tamén mo parece.
A verdade é que tódolos pastores alemáns me gustan. Levo case toda a vida con eles e téñolles moito cariño. Gústame a súa intelixencia, a súa fidelidade, o seu cariño e tamén a súa planta.

Listo tamén é porque dáme a impresión de que me entende. Presta moita atención o que lle digo. Se non me entende de todo, polo menos inténtao.

Pillabán é moito. Non consigo que se quede fóra da casa. Cólase coa rapidez dun lóstrego. Unha vez dentro, mírame con dozura e eu penso:

”Este canciño estáme robando a alma. Teño que permitirlle certos gustos polo menos mentres non medra un pouco”.

Cariñoso a máis non poder. Mimiño ten canto quere e goza saboreándoo. A min pásame otro tanto con el. Déitase encima dos meus pés como dicindo: “Que ben estou contigo!

Cando consigo deixalo fóra da casa,-que é en poucas ocasións- séntase xusto diante da porta e non se move de alí ata que lle abro.
Observa todo canto o rodea e esoita atentamente calquera novo movemento no entorno.
Ten todo controlado ó segundo día de chegar ó seu novo domicilio. E se vén alguén decoñecido, ládralle como dicindo: “Mira que aquí estou eu. ¿Ti a que vés?”
Pero cando a pesoa en cuestión é admitida na casa, trátaa coas máximas atencións e delicadezas.

Se o chamo á orde, sabe que é porque non me gusta o que está facendo, recóllese sobre si e repousa.

Os nenos encántanlle, gústalle xogar con eles, correr, deitarse sobre as súas pernas, relaxarse na súa compañía...
Pero a mirada da ama non a deixa de vista.

O máis entenrecedor é disfrutar vendo o neno e o cadeliño en amor e compañía porque teñen unha mirada limpa e tenra de pureza indescriptible.

¡Canto se pode aprender dos nenos e dos canciños!
¡Quen me dera que os humanos adultos miráramos co tanta pureza!
¿Será posible algún día?
Quizais sería bo que en tódalas familias houbera nenos e canciños.
¡Canto poderíamos aprender deles!
¡Canto poderíamos gozar con eles!
¡Que relaxados na súa compañía!

Son un bocadilo de ceo na terra.
¡Son fantásticos!

Nada máis que teñen un problema:
“Dan moito traballo”!
Pero...¿Que hai que non dea traballo?
Con todo: eu síntome moi feiz gozado da presenza de nenos e os canciños.
¡Son unha gozada!

Non sei se a vostede lle gustan os nenos e mailos cans.
Tampouco non teñen por que gustarlle; pero a min si que me gustan e prodúcenme momentos de moita felicidade que son os que quixen compartir con vostede.

O traballo que dan, déixoo para min. Mentres me duren as forzas, fágoo con moito gusto.

Grazas por lerme nesta ocasión.
Para o vindeiro xoves será:

“SORPRESAS”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES