Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De mudos e xordos

miércoles, 07 de mayo de 2014
Con permiso do lector, voulle dedicar hoxe esta columna a catro representantes políticos, malia que se cadra, non teñan lecer de lela. Son, elas máis el, Helena Castellano, María del Puerto Gallego, María Luisa González e, sobre todo, Ignacio Martín Benito. As tres, deputadas do PSOE no Congreso e el, parlamentario pola mesma formación política nas Cortes de Castilla y León.

A razón deste sincero recoñecemento, que por antigüidade focalizo -repito- en Martín Benito (non en van as súas proposicións nas Cortes castelás remóntanse ó ano 2008, pouco despois de que Celanova acollera o primeiro encontro de localidades con patrimonio mozárabe), ten razón de ser pola loable insistencia coa que levan requirindo dos seus foros a necesidade de que se coloque no seu conxunto á altura que merece -tanto pola súa singularidade arquitectónica como pola súa importancia histórica- o patrimonio monumental mozárabe, do cal é representante de cabeceira a capela de San Miguel. Esa mesma que non hai moitas semanas tiven a sorte de poder captar no seu máximo esplendor equinoccial e cuxa imaxe puido vostede contemplar na portada deste xornal o pasado sábado.

Logo de varios meses de traballo no deseño e documentación da proposta, planteada como unha das iniciativas do Ano Xubilar que tivo lugar en Celanova con motivo do mil cen aniversario de San Rosendo e contando co apoio de medievalistas do prestixio de José Miguel Andrade e Manuel Castiñeiras, Beatriz Vaquero, Mercedes Durany e Francisco Javier Rodríguez, o día 2 de decembro de 2006 tivo lugar no salón de sesións do concello celanovés unha xornada de traballo que concitou a presencia dunha ducia de representantes de lugares que contan con patrimonio mozárabe, dende Coimbra ata o Rosellón.

O obxectivo non era outro có de constituír unha rede transautonómica que fora quen de conseguir a declaración de Itinerario Cultural Europeo, toda vez que había tan só dous anos que a Unión abrira a Lista de Patrimonio Europeo.

A iniciativa, que tantas expectativas espertara entre todos, acabou esnafrada, sen embargo, contra o muro da inacción, primeiro do goberno de Pérez Touriño e logo do de Núñez Feijóo.

Por iso é de saudar que a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados a sacara do letargo, gracias -repito- a estes catro deputados casteláns.

E de paso, digo: O programa "Europa creativa" está nestes intres en fase de exposición. E, tan mudos estariamos nós se non nos fixeramos eco da alerta, como xorda estará unha vez máis a Administración se non colle o testemuño da proposta.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES