Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carlos Oroza, o poeta noso

viernes, 25 de abril de 2014
Coñecín ó poeta Carlos Oroza, a principios dos anos setenta, no restaurante Serra de Viveiro. Alí na barra do bar presentáronmo Moncho Pernas, pai, e Toñito Serra, o propietario daquel establecimento, por aquel entón o máis prestigioso da zona.

Sen dúbida, o persoeiro en cuestión resultoume estrafalario, aínda que certamente non podía por máis que decatarme da admiración que por il sentían os presentadores.

Non reparei moito na conversa, pois tiña presa, aínda que iles falaban da alta calidade poética do entón seu admirado paisano. Dicían que os seus libros valían moitos cartos e non estaba o meu peto nin forte, nin desposto en gastalo en poesía, una actividade que me soaba á afición de xente maior e mestres tamén vellos. Só recoñocía “as oscuras golondrinas de Bécquer” e pouco máis.

A seguinte vez que o vín foi a finais de xullo ou primeiros de agosto do setenta e seis. Recórdoo perfectamente porque foi o único ano que estiven de mozo coa miña muller. Viñera, unha vez máis, a ver á su irmá Gloria, casada con Toñito das Marías, e vivía na casa desta, aló en santa María. Atopeino no bar Cantábrico, tamén de Viveiro. Saudeino e dinme a coñocer recordándolle quenes nos presentaran e botamos alí una boa parrafada entre vasos de viño que paguei eu, sen saber nin como era ou se tiña cartos. A conversa, por qué negalo, era moi interesante. O certo é que eu estaba esperar á miña moza-hoxe a miña muller-a quen lla presentei. O primeiro que fixo aquel filismias foi mirala descaradamente e dicirnos que estaba moi boa. Aquela grosería pareceume moi fóra de lugar e marchamos, non sen non termar para non darlle unha labazada. Deixeino e preguntei á xente que o coñocía se oiran falar dil e todos falaban mal: que vivía do conto, que non traballaba en nada, que estivera casado coa filla dos do coñac Terry –dera un braguetazo- e que ila o deixara porque non era capaz de facer obra dil. Tamén me dixeron que a súa familia o que quería era que se fora axiña, pois era moi difícil vivir con il. A máis diso, en Viveiro, non era moi querido pois falara mal do pobo en reiteradas ocasions chamándonos incultos e outras barbaridades. –Agora van a homenaxealo e poñerlle o seu nome a unha rúa- Esta afrenta na xente da rúa aínda está viva: “Será moi bón poeta e todo o que queidares, pero sempre viveu sen dar un pau a auga e despreciando os máis. Que garde a súa intelixencia para comer que lle fai boa falta”.

Con istes antecedentes, calquera pode supoñer que non tiven interés algún en achegarme ó seu carón, pois se publicara algo ó que me podera achegar con precios razoables houberaos, cecais, mercado; pero se o que facía eran “extravagancias” como poemas grabados en latón e caros, eu non estaba disposto.

Por iso nos anos que coincidimos en Madrid non tiven interés algún en atopalo. Sabía que ía polo café Xixón ou o Comercial, máis eu ía pouco e procuraba non coincidir con il non fora ser que se aproveitara de mín. Xa sabía que deixaba deudas por aquí e acolá e xa leera como Paco Umbral se queixaba de ter que prestarlle un leito onde dormir. Outro señoritango, que escribía moi ben, e sempre ía acompañado de envidiables femias.

Tamén recordo unha noite que salindo da Peña de Viveiro de Madrid, a iso das doce da noite, Moncho Pernas, o coñecido escritor, quería que fóramos toma-la penúltima a un pub que había en Fernando VI ,perto da Sociedade Xeneral de Autores, e díxome que o Poeta maldito estaba dentro. Por suposto, negueime.

E así foi miña a relación con tan insigne poeta.¿por qué negalo? Non embargantes, hei de recoñocer que a poesía para mín significa valeirar o sangue do corazón en verbas de amor. E por iso achegueime a outros moitos autores, que viviron de un xeito distinto, sin repara en que fosen labregos, catedráticos, bancarios ou simples traballadores. Non busquei endexamais títulos nin clases sociais, nin reparei en ideoloxías, porque coñezo a poetas que foron de dereitas e resúltanme dignos, aínda que eu esteña escorado a estribor. Evidentemente, a mín despois de descuberta a poesía, sempre me gustou a chamada social, tan denostada por algúns, aínda que escriba doutras cousas. ( recordo a miña conversa co austuriano Carlos Bousoño no Centro Galego de Madrid). Pero non son pechado a tratar de entender os máis. Gosto de líricos, intimistas coma Oroza,-tamén aprezo a súa militancia antifranquista- ou de combativos coma Machado.

Non reparo “nas fronteiras onde ha de medra o trigo” e non esixo coma galego o noso idioma. Para mín sigue sendo un viveirés coma mín. Busco a integridade do individuo e o seu mundo interior, e con il, as preocupacions do home pola sociedade na que lle toca vivir. Non quero poemas que falen de súor sentados no sofá, nin doores que só son decorados de vida. Non me gusta o significado que ten para algúns a libertade, nin quero ser un boneco de rima clásico. Gosto da poesía que me conmove, da verba axeitada a cada sentimento, da metáfora que viste ó poema con isa luz da que fala Carlos. Por iso, non podo por menos de recoñocer en Carlos Oroza, leídas cousas dil e entrevistas sobre o significado de ser poeta, as moitas razóns que expón e o valor de pisar o chan nises paseos nos que se perde nos brazos maxicos de Malú. Síntome totalmente identificado co seu pensamento, aínda que só sexa un pequeño anano no arte das musas.

Recoñozco na súa obra unha altísima calidade, un moderno estilo de composición, una musicalidade profunda e con ilo una extraordinaria sensibilidade que non tiven ocasión de vivir.

Se a vida produxo desencontros, non hei ser eu quen negue a calidade e a profundidade da súa obra, nin quen poña reparo algún a que sexa digno do Parnaso. Por riba de todo é un enorme poeta.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES