Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É moi doado

jueves, 01 de mayo de 2014
Nesta vida nada é doado, porque a vida é dura para todos. Para uns máis e para outros menos, pero ten as súas dificultades para todos.
Con todo, hai cousas que son máis doadas que outras e o ser humano é proclive a irse polo camiño doado.
Hai quen pensa que como a vida xa ten bastantes dificultades, pois...

Se escribo este artigo é porque sinceramente penso que hai cousas que non teñen perdón.

Estoume referindo á educación dos fillos que para calquera pai, nai ou titor/a -que se precen de selo-, debería ser unha prioridade.
Non me refiro a que todos teñan que darlle unha ou varias carreiras ós seus descendentes.
Eso tamén é importante, pero antes deso hai que pensar na educación doméstica.
Chámolle educación doméstica á que mamamos na casa desde o primeiro día. Eses valores fundamentais que son os piares básicos da persoanalidae de toda persoa.

Máis tarde ou máis cedo sempre se saca á luz aquelo que o cerebro foi grabando desde o primeiro día:

-O que dicián e como o dicían os teus ascendentes.
-Como valoraban as relacións persoais entre os membros da familia.
-Que normas de educacación usaban habitualmente.
-Os seus principios morais, éticos ou relixiosos.
-Como se relacionaban coa escola e coa igrexa.
-Que grao de solidariedade veciñal practicaban.
-Como trataban ás persoas maiores e ás autoridades.
-Como administraban o tempo, a roupa, o calzado, os alimentos, o traballo, o tempo, os cartos...
-Os costumes e tradicións familiares.
-O TEMPO QUE CHE DEDICABAN.
-QUE POSTO OCUPABAS TI NA VIDA FAMILIAR.
-O CARIÑO QUE CHE DABAN.
-Etc, etc.

Todo eso e moito máis vai confeccionando a túa propia persoanalidae e dache algo así como unha identidade; de tal xeito que os teus coñecidos xa fan un concepto de ti según ó tipo de familia á que pertenzas.

Saben se es de boa familia, se pertences a unha familia formal e cumpridora, se che gusta ou non meterte en líos veciñais, se respetas os bens alleos, etc, etc. ..

Tódolos nenos precisan dunha familia na que medrar en tódolos sentidos: físico, emocional, intelectual, espiritual...¿Certo?

Ata aquí penso que vostede e máis eu temos bastantes cousas en común sobre este tema.

Agora pregúntome eu:

¿Por que moitos nenos utilizan un vocabulário inadecuado á súa idade? ¿Naceron así ou oíron falar mal na casa?

¿Por que moitos nenos tratan mal ós compañeiros?
¿Será a imaxe de como se tratan os membros da súa familia?

¿Por qué entran sen chamar, pasan polo medio das persoas cando están falando, non recollen as súas cousas ó rematar de usalas, non piden as cousas por favor, non dan as grazas…etc, etc?

¿Por que non usan principìos morais nin éticos nin relixiosos?

¿Por qué falan mal de todo o relativo á escola, á igrexa, á política...?

¿Por que non comparten cos compañeiros e compañeiras?

¿Por que non respetan ó profesorado nin ás autoridades?

¿Por qué aman a vagancia, ata o punto de considerala como un orgullo persoal?

¿Por que non cuidan a roupa nin o calzado, nin o material escolar, nin os xoguetes, nin os horarios de estudio nin administran correctamente os cartos que lles dan..?

¿Por qué se perderon moitas tradicións e costumes familiares da noite para a mañá?

A resposta podería ser algo así:

PORQUE É MOI DOADO ENCHUFAR UN NENO A UN APARELLO DE TV, A INTERNET, A UNHA MOREA DE XOGUETES AÍNDA QUE TEÑAN POUCO OU NADA DE EDUCATVOS, PARA QUE SE ENTRETEÑA E NON DEA A LATA.

Ademais, dito sexa de paso: mostramos ante a sociedade que somos bos pais porque –según o noso criterio. ós nosos nenos non lles falta de nada.

POR ESO LLE POÑEMOS UN TELEVISOR NA HABITACIÓN, LLE MERCAMOS UN MÓBIL QUE TAMÉN TEÑA INTERNET, UNHA MOTO, UN COCHE… O QUE NOS PIDA. PORQUE... ¡NON VAI SER MENOS QUE OS OUTROS!

-DESTA MANEIRA A TV XA O INFORMA DE CANTO PASA E DE CANTO HAI NO MUNDO MUNDIAL.
(Si, si. Si que o neno vai saber discriminar o que lle convén para ser unha persoa de ben)

-CO MÓBIL, A FAMILIA XA SABE ONDE ESTÁ, QUE FAI E SE PRECISA ALGO.
(Como se o móbil non se puidera usar con outras finalidades...)

-CON ACCESO A INTERNET XA PODE BUSCAR INFORMACIÓN DE CANTA CLASE HAI.
(Como se todo o que circula nas redes fora bo, saudable, formativo e consellable para unha criatura de curta idade)

-UNHA MOTO DARALLE MOITA AUTONOMÍA E PODERÁ DISFRUTAR MOITO COS SEUS AMIGOS E PRESUMIR DIANTE DE TODOS.
(Ata que un día chega unha desagradable noticia que o rapaz en cuestión andaba por non sei donde, con non sei quen e a no sei que hora, bebera non sei que e ...)

¡QUE EQUIVOCADOS ESTÁN OS PAIS OU TUTOTRES QUE PENSAN QUE UN NENO DE HOXE EN DÍA SE PODE DEIXAR VOAR SÓ CON TAL DE METERLLE UN PRESERVATIVO NO PETO!
¡Nin que houbera preservativos para a vida emocional, familiar e social!

O PRIMEIRO QUE TERÍAN QUE FACER SERÍA DEDICARLLE TEMPO, CARIÑO E MOITO DIÁLOGO, ADEMAIS DE PREDICAR CO BO EXEMPLO.

Porque é moi doado deixar que os outros nos saquen as castañas do lume; pero no caso da educación da infancia o doado non é rentable.
A educación non é tarefa fácil; pero tamén é bem certo que: “A MAIOR DIFICUTADE; MAIOR RENTABILIDADE”.

A costa da educación é moi empinada, pero cando se alcanza a meta, danse por ben empregados os esforzos.
Neste caso na dificultade está o mérito e tamén unha boa parte do éxito.

Admiro ás familias que saben educar para as dificutades porque a vida fácil: ¿Que mérito ten?

Sei que: se vostede xa ten os fillos criados, xa verá os froitos do seu esforzo e sentirase unha persoa orgullosa da súa actuación.

Se aínda os ten sen criar, por favor: ¡Non deixe que vaian polo camiño doado!
Porque a longo prazo sae caro.
A fin de contas, face-las cousas ben: “NON É MOI DOADO” pero É MOI NECESARIO.

Non sei se lle dixo algo este artigo ou non, dependendo das súas circunstancias persoais.
En calquera caso quédolle agradecida por lelo e cabe a posibilidade que lle chame a atenciaón o título do seguinte:

“MIRADAS PURAS”

Graciñas por terme na súa consideración.
Saiba que me sinto moi honrada coa súa lectura.
O tempo que vostede emprega en lerme, compensa o que emprego en escribir.
Grazas, outra vez.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES