Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libros para que?

miércoles, 23 de abril de 2014
En cada florido 23 de abril están os libros de festa. Temos que ollalos por fóra e tamén no seu secreto e pudoroso interior. Porque os libros están aí para sermos libres. Libres para collelos na man cando queremos. Libres tamén para deixalos pousados á nosa beira cando hai que facer algunha cousa. Son amigos pacientes, que se deixan querer e aloumiñar. Séntense a gusto, como nenos pequenos, cando alguén os colle no colo. Coma as árbores de folla perenne, están tamén eles ateigados de follas procedentes dalgunha árbore xenerosa que deu a súa vida por eles. En cada folla súa hai ringleiras de letras e palabras, de alegrías e pensamentos, de dúbidas e dores dun corazón coma o teu que deixou nel pegadas do seu latexar.

Se te deixas levar por eses camiños, congostras, voltas e reviravoltas, veraste a ti mesmo, o teu pechado interior, coma nun espello. E aprenderás a recoñecerte a ti mesmo, a saber que a túa vida ten moito que ver coa dos outros. Chegarás a sospeitar que os teus soños se poden converter en realidades. Barquiña con alto velame namorado dos ventos é o libro que tes na man. Non hai cousa mellor ca vogar, tranquilo e soñador, no seu colo.

Non é bo ter moita présa. Lembra o dito latino: ‘Festina lente’. É dicir: ‘vísteme amodo, que teño présa’. O agasallo mellor éche o dun libro. E se estamos no noso país, libro en galego. Porque o libro non desaparece axiña, como lambetada de bombóns. Dura e pódese aínda agasallar con el a outros.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES