Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vexetación e animais de Xestoso a Almería

viernes, 18 de abril de 2014
Un grupo de alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, fixemos unha viaxe a Roquetas de Mar(Almería).

Ademais de convivir en harmonía durante os cinco días que durou a excursión, experiencia que todos nós valoramos moito, recorremos España de punta a punta, pasando polas comunidades autónomas de Galicia, Castela-León, Madrid, Castela-a Mancha e Andalucía.

Foi unha viaxe moi proveitosa en todos os aspectos, pero eu voume fixar, especialmente, nas diferentes especies vexetais e animais que poidemos observar, e tamén nos Parques Naturais polos que pasamos ou visitamos.

Saíndo de Galicia, comprobamos como as diferentes árbores de folla caduca están agromando de novo, ao chegar a primavera. No Bierzo, contemplamos o marabilloso espectáculo das cerdeiras en flor, e tamén os brotes dos viñedos.

Continuando por Castela-León, os grandes retazos verdes, nesta época do ano, dos campos de trigais que se estenden ao longo e ancho destas terras. E varios niños de cigoña nos campanarios dos diferentes pobos que salpican a xeografía castelá.Tamén aciñeiras, aquí e acolá, e algunha mancha de chopos, nos humedais, a beira dos ríos, cuxas folliñas están empezando a brotar. Logo, os viñedos de Rueda.

Xa na Serra de Guadarrama, o piñeiro silvestre, con esa esbeltez e co seu tronco alaranxado. Arredor de Madrid, o terreo e pedregoso, anque con algunha matogueira e aciñeira polo medio dos penedos.

Despois, Castela-a Mancha. Máis trigais verdes, a terra aínda máis alaranxada. Rabaños de ovellas. Algunha granxa de vacas negras, supoñemos que nais de touros de lidia. Algunha que outra aciñeira, para aliviar o sol de consolación. Os Viñedos de Valdepeñas, etc.

Chegamos a Andalucía, e a provincia de Jaén cheíña de oliveiras. Canta extensión, canto aceite correndo polas veas desta terra!. É o seu sangue, o seu medio de vida. Logo, a provincia de Granada, coa Serra Nevada ao fondo(nevada de verdade), aínda co seu manto branco cubríndolle a cabeza.

A provincia de Almería é moi diferente: montañas peladas, de colores laranxa, gris, amarelo... O seu clima subdesértico fai mella na paisaxe; pero, ten o seu encanto e a súa beleza, se non fora tan dura a supervivencia. Emporén, a vida bule en multitude de formas, adaptadas ás duras condicións climáticas e xeográficas.

E, chegando a Roquetas, El Ejido. Alí, está ese gran océano de plástico que, xunto coa gran Muralla China, son as dúas únicas obras humanas que se poden contemplar desde o espazo. E, debaixo dese mar de plástico, brotan os tomates, as berenxenas, os pementos, os melóns, as sandías, etc. El Ejido é a despensa de Europa. Unha balsa de auga subterránea, atopada nos anos cincuenta do século pasado, cambiou a vida dos habitantes desta zona. Hoxe, quen traballa nos invernadeiros son maiormente inmigrantes, quen desempeñan un labor moi duro e que, desgraciadamente, non sempre recibirán a recompensa económica xusta.

Camiño de Almería, na provincia de Ciudad Real, pasamos cerca do Parque Natural das Tablas de Daimiel. Os parques naturais son lugares cunhas características biolóxicas determinadas, e que pretenden garantizar a protección e conservación da flora e fauna dos lugares que abarcan. Poden atoparse en calquera espazo xeográfico: mar, terra, deserto, etc.

O Parque Nacional das Tablas de Daimiel foi catalogado como tal en 1.973, e reclasificado en 1.980. Posúe un ecosistema chamado de Tablas Fluviais, formado polo desbordamento dun ou varios ríos; neste caso, o Guadiana, o Cigüela e o Záncara, entre outros. É un territorio moi llano, e isto fai que a auga non corra e forme as Tablas. É un humedal que se convertiu nunha zona integral de aves acuáticas. A súa fauna e flora son plantas e animais acuáticos.

Ademais de El Ejido, Roquetas, Almería, etc., un lugar moi importante que visitamos foi o Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar.

A parte da observación directa que poidemos levar a cabo no noso paseo por diferentes lugares do parque, no Centro de Interpretación, a través dun vídeo, dos diferentes paneis e fotografías, e das amplas explicacións da persoa encargada, poidemos coñecer multitude de aspectos interesantísimos desta reserva natural.

É esta a zona máis seca do continente. As plantas que a colonizan están adaptadas a estas condicións climáticas. Existe aquí un dos complexos volcánicos máis singulares de Europa. Hai arbustos espiñosos e herbas anuais dispersos pola serra, no medio dos cales viven o raposo e a aguia-azor. A estepa litoral, as dunas e as antigas albufeiras, convertidas en salinas, son os principais ambientes naturais deste Parque.

É un ambiente inhóspito, xa que, á sequedade do clima, engádeselle o solo areoso e pedregoso, a salinidade e os fortes e secos ventos do suroeste. Emporén, baixo as augas do mar que rodea este Parque, hai unha explosión de vida de todas as formas e colores que se poidan imaxinar.

A gandeiría, a agricultura, a pesca, a artesanía, a explotación das salinas e a minería, constituíron, desde sempre, o motor económico desta zona. E, hoxendía, convertiuse, ademais, nun destino turístico moi aprezado, pola súa gran beleza e valor xeolóxico.

Coma sempre, foi esta de Almería unha viaxe moi formativa e interesante, que todos nós aproveitamos ao máximo, e agradecemos ás persoas que no la fixeron posible.

(Mª Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso, aula de Paderne).
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES