Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha Semana especial

jueves, 17 de abril de 2014
Para o mundo cristián na Semana Santa, celebramos o Triduo Pascual.
Dentro de España a relixiosidade destes días ten diferentes manifestacións. Nunhas zonas celébrase con moita vistosidade como é o caso das Procesións.

Tamén hai alguns pobos que teñen un eco especial na xeografía española. Sei dun que leva oito séculos facendo unha celebración especial da Procesión do Xoves Santo na que participa todo o pobo.
Na miña aldea actualmente fanse pequenas celebracións; pero aínda contan as persoas maiores de como se celebraba noutros tempos de maneira ben diferente.

Pero o máis importante non é como se celebre, O MELLOR DE TODO É O
SIGNIFICADO QUE TEN A CELEBRACIÓN.

Para os cristiáns ten un significado especial según as súas crenzas.
Por eso celebramos, entre outras cousas, o “DÍA DO AMOR FRATERNO”
Pero o amor fraterno debería levarse a cabo entre tódolos humanos sen distinción de raza nin de crenzas relixiosas, porque:

¿Hai alguén que non necesite amor?

¿Hai algunha persoa que non precise sentirse amada?

É probable que vostede non o precise porque xa é unha persoa moi querida, moi amada e moi respetada por todas cantas están ó seu carón.
Eu tamén teño que dar moitas grazas a todas cantas persoas me miman e fan que eu me sinta querida; pero ...

¿Existen persoas ó noso carón que lles gustaría sentirse máis queridas e apoiadas?

Claro que as hai.

Hai moitos nenos que non poden disfrutar dos seus pais tanto como necesitan por diversas razóns: unhas veces por razóns de horarios, outras por comodidade, outras por carencia de medios, outras por falta de coñecementos, outras…

E hai outros nenos que se senten discriminados pola súa condición social e sofren moitísimo.
Aínda que pareza mentira os nenos senten moita falta de amor porque son moitas as ocasións nas que son incomprendidos.

Hai xoves que tampouco aman nin se senten amados porque foron educados no individualismo, e descoñecen o que significa compartir, dar e darse: amar. Por eso non qieren compromisos máis aló das relacións que os benefician.

Nos adultos tamén se dan casos de tirar os pratos pola ventá e outras cousas peores: maltrato, adulterio...
Tamén hai moitos adultos que sofren falta de amor.

E hai avós que senten falta de amor porque porque os fillos non teñen tempo para dedicarlles u porque non se enten den, ou por razóns diversas.

¿E que dicir das relacións veciñais?
Por razón de proximidade no espazo, estamos obrigados a convivir cos veciños, pero a realidade dinos que non sempre é posible.
¿Por que?
O principal motivo é a falta de amor: celos, envexas, miserias humanas que non conducen a ningunha parte.

Esta semana, pode ser unha semana especial para todos, porque o AMOR É UNIVERSAL.

Se nos toca de disfrutar unhas merecidas vacaciósns, poderíamos dedicarlles algún tempo a auto-examinarmos do amor para con nós mesmos en primeiro lugar e para cos outros en segundo.

Se nos toca de andar pola casa, parar un momento a reflexionar sobre a importancia da nosa familia para a nosa vida: o que lle debemos e o que significamos para ela.

Se nos toca traballar, tamén é unha forma de amar se o facemos o mellor que sabemos e podemos. Hai moitas persoas que recisan dos nosos servizos.

E se nos toca de estar nunha cama, tamén pode pasar de todo...¡Oxalá que non nos falten coidados!

En calquera caso, seguramente iría ben pararse un pouquiño, nesta SEMANA ESPECIAL para recuperar esa falta de amor que todos levamos dentro en maior ou menor medida.

Seguramente poderíamos:

-Ser algo máis considerados con nós mesmos e cos que nos rodean dedicándonos: tempo, calor humano, gratitude e se podemos darnos ou dar algún capricho, tamén vai ben de vez en cando.

-Desfacérmonos de algún dos nosos egoísmos, dalgunha da nosas comodidades innecesarias, poñendo orde no noso armario interno onde seguramente sobran certas cousas e faltan outras.

É probable que a vostede non lle falta nada; daquela: mellor que mellor.

Pero noutros casos precisamos:

-Concienciarnos de que estamos aquí para ser felices e facer felices ós outros.

-Pensar que a vida déusenos para empregala ben, facendo canto máis ben poidamos e mostrando agradecemento polos beneficios recibidos.

Por eso considero que se ben tódalas semanas son especiais; esta non é menos.

Para os cristiáns é a SEMANA SANTA; pero para todos pode ser u nha SEMANA ESPECIAL, se as nosas obras van empapadas en amor fraterno.

Eu, necesito facer unha pausa na miña axetreada vida para ordena-lo meu interior e recuperar forzas para seguir o meu programa de vida o mellor que poida porque a verdade é que me espera un programa bastante denso e intenso.

Noto que estou algo sobrecargada.
Por eso quero vivir esta SEMANA ESPECIAL, dun modo especial.

Para vostede, tamén desexo que esta semana sexa UNHA SEMANA ESPECIAL para o seu enriquecemento interno.
E se ten ocasión de saborear unha visita, unha viaxe, unha celebración familiar, algo especial:
¡Aproveite a ocasión!.

¡Eu deséxolle unha SEMANA ESPECIAL!

O vindeiro xoves quero escribir algo sobre:

“MEMORIA HISTÓRICA VIVA”
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES