Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boa noticia

miércoles, 30 de noviembre de 2005
Levabamos moito tempo agardando por algunha boa noticia.

Máis de cen días de goberno trouxeron primeiro as imaxes do cambio persoal, logo a asunción de poderes con ilusión e curiosidade. Despois, suponse que o estudo de presupostos e posibilidades para o próximo exercicio, que será o primeiro no que actuar en libertade. Hai unhas semanas, a decisión dun par de conselleiros de anula-las decisións dos seus antecesores coa inherente revolución dos alcaldes afectados. E agora, en fin, agardando polas boas noticias que o novo presuposto ten que darnos en
relación con obras, proxectos e realizacións, tanxibles e concretas.

E, de repente, Touriño Presidente pode darnos unha boa noticia que se refire á cidade da Coruña que por fin vai contar co gran Porto exterior, aló por Punta Lagosteira, que vai alonxar para sempre os perigos dos Urquiola e similares, xa que os grandes petroleiros non van ter que entrar no porto da Coruña a manobrar en lugares onde non se pode manobrar, evitando catástrofes.

Ós galegos fannos falla noticias coma esta. A Touriño e ó seu goberno, tamén.

Aínda que só sexa transmisión, e a solución -sesenta por cento da solución, concretada en arredor de douscentos cincuenta millóns de euros- veña de fóra. Necesitamos boas novas, grandes ou pequenas.

Nesta ocasión, Toruiño é só o mensaxeiro. E do mesmo xeito que non é lícito matar ó mensaxeiro portador de malas noticias (gran perigo dos mensaxeiros que na antigüidade levaban noticias non gratas), tampouco o das boas merece a coroación pola simple transmisión.

Pero queremos crer que é o comezo dunha racha de bos anuncios para Galicia por parte do chamado a facelas como cabeza dun goberno, aínda que sexa bicefálico, ó que lle é imprescindible facelo moi ben para garantirse continuidade e permanencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES