Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peregrinos por San Martiño

sábado, 12 de abril de 2014
Como a luz estelar da Vía Láctea alumea e orienta polos camiños do Ceo, as rutas composteláns son guía e fitos luminosos, para chegar ó esclarecemento de ambos puntos da nosa historia. San Martiño de Mondoñedo non estivo fora da órbita das romerías xacobeas, nen sustraído ás súas influencias. Aínda que os que desta igrexia escribiron o silenciaran, é un feito que, dende tempo inmemorial, así é calificada a antiquísima tradición deste establecemento, en documentos do S. XVI – houbo aquí, baixo a advocación de San Sebastián- hospedería ou Hospital, no que facían mansión os peregrinos que de afastadas terras a Galicia viñan.

Que non eran poucos os que por aquí pasaban o da a coñecer o sorprender a morte a bó número deles: alemáns, franceses, italianos,ingleses, etc. I era natural que así fora, sobre todo nos primeiros séculos- IX, X, XI- da Reconquista que coinciden coa época de maior grandeza desta igrexa catedralicia. Inseguras as terras do sur, do nacente reino astur-leonés, polas frecuentes excursións da morisma, a ruta norte astur-galaica era a menos exposta por estar mais a cuberto das correrías musulmás....

A Asociación Abrindo Camiño, de ámbito comarcal, que dende Mondoñedo coordina Luis Ansedes, leva anos traballando a prol de que a Xunta recoñeza oficialmente como alternativa ó Camiño, a variante que, pola beiramar,leva de Ribadeo a esa xoia cultural que é San Martiño; sen dúbida o acceso ó mesmo ven a engadir un atractivo de primeiro orde ó que é o Camiño Norte, á espera da nominación de Patrimonio da Humanidade.

Este fin de semana mais dun cento de andaluces chegarán a San Martiño, oonde amais do vello cenobio, coa bagaxe da historia e a rica arquitectura – “exemplar único do pre-románico galego”—pode ollarse, mesmo ó seu carón, o Xardín Botánico de Caxigueiro, rebosante de variada e multicor flora, pretiño do obradoiro do que saen as pezas únicas que realiza o prestixoso mestre . Daniel Caxigueiro, naturista, escultor e poeta, pon o contrapunto de vital humanidade a aquel engaiolante museo inanimidado...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES