Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A risa como terapia

jueves, 10 de abril de 2014
Se lle digo a verdade, non hai moito tempo que sei que a risa é unha terapia de moitísima utilidade.
Pasei a maior parte da miña vida crendo que rir era algo superfluo, algo como de segunda categoría que lle restaba importancia as cousas serias da vida.
Pois non.

Agora que levo varios anos facendo risoterapìa xa aprendín moito sobre a súa importancia para a miña vida persoal e social.

Falando con algunhas persoas desto, téñenme dito:
“Eu non preciso ir a risoterapia porque eu río moito”.

Cando alguén me di así, penso que esa persoa non asistiu nunca a unha clase de risoterapia, porque se asistira tería outro concepto ben diferente do que significa.

Pode ocorrer que esa persoa, efectivamente, ría moito, porque é unha persoa moi alegre ou porque lle vai ben a vida; pero nese caso o que fai é ximnasia da risa; aínda que poida ocorrer que non teña un efecto terapéutico.

Según como, a risa tamén pode ser moi perxudicial tanto para a persoa que ri como para as outras; pero aquí do que se trata é da cara positiva da risa: a que nos beneficia, a que nos cura dos nosos medos.

A risa como terapia sempre é moi pero que moi saudable; pero a risa como ximnasia non ten por que selo necesariamente.

Aí está a diferencia.

Do que se trata é de que a risa enriqueza o noso ser interno e a súa relación coas persoas que nos rodean. Por eso se precisa dun especialista na materia e máis dun grupo con quen compartir.

A persoa especialista na materia, vai vendo as diferentes carencias de cada membro do grupo e vai aplicando as técnicas correctoras oportunas para cerrexir todo aquelo que lle impide á persoa descubrir todo o seu potencial e sacarlle proveito tanto para a súa vida persoal como para a relación co mundo que a rodea.

A terapia da risa lévanos a descubrir o noso neno que todos levamos dentro.
Se observamos unha criaturiña de tres anos, vemos que é unha persoa feliz e ri moito. É feliz porque ri e ri porque é feliz.
Entre outras cousas os nenos son felices porque rin moito.

Pois cando unha persoa adulta é capaz de descubrir ese estado o seu cerebro mellora os neurotransmisores e empeza a producir unhas hormonas chamadas enddorfinas e fan que esa persoa:

-Se sinta máis feliz.

-Perda o medo a facer o ridículo.

-Se exprese con naturalidade.

-Saiba ve-lo lado positivo da vida; tanto da súa propia vida como a dos demais.

-Estea máis preparada para afronta-las dificultades.

-Saiba comunicarse mellor cos que a rodean.

-Mellore a súa saúde física, a psíquica e a emocional.

-E otras moitas ventaxas que hai que experimentar para comprobar o bo resultado que dan.

Se mo permite direille que son unha persoa cunha vida moi activa aínda que xa leve cinco anos xubilada.
Asisto a diferentes clases, todas elas interesantísimas; pero na que máis disfruto e á que máis proveito lle saco é á risoterapia.

Con dicirlle que levaba vinte anos tomando pastillas para o corazón e desde que empecei na risoterapia, o cardiólogo deume a alta. El non me preguntou cal era a causa, e eu tampouco lle dixen nada; pero saber ben sei a que se debe.

Nin que dicir ten que tamén mellorei moito no tocante ao sentido do humor.
Perdín o medo a face-lo ridículo e síntome moito mellor.
E, ademais, enriqueceume moito no tocante ás relacións sociais.
Descubrín esa persoa alegre que levaba dentro sen sabelo e síntome unha persoa diferente, moito máis alegre; pero igualmente seria e formal como sempre.
A risa non ten nada que ver coa perda da seriedade nin da formalidade. A risa é algo moi serio.

O que me pasa a min, pásalle tamén ós restantes persoas que asistimos a esta terapia.
A risoterapia transforma a maneira de ve-la vida, a maneira de efoca-los problemas e polo tanto tamén trasforma ás persoas mellorando moito a súa calidade de vida.

Ademais do enriquecemento persoal, está o social.
A través da terapia da risa, integraste nun grupo que antes nin siquiera coñecías e creas uns lazos de amistade que doutro xeito nunca serían posibles.

Conseguir saca-la risa do meu interior foi todo un reto. Costoume moitos meses de terapia. Non sei como a persoa encargada do grupo, tivo tanta paciencia comigo e con algunhas persoas máis.

Outras moitas persoas non resisitiron a proba, eso que lle facía moita falta; pero a educación recibida no seu pasado pesaba moito.
Eu comprendinas perfectamente porque a min tamén me costou moito esforzo
A primeira vista a unha persoa seria e formal, eso da risa quádalle grande; parécelle unha chiquillada, unha lixeireza...
Pero andando o tempo chégase á conclusión de que a risa é unha das cousas máis serias e saudables que ten a vida.

Hoxe é o día no que me atrevo a dicir que é unha das actividades nas que máis disfruto e á que máis proveito lle saco.
Agradezo ter entrado nesta dinámica e tamén quero mostra-lo meu agradecemento á persoa que me iniciuo nesta terapia: unha gran psicóloga e tamén a un grupo ó que pertenzo.
Sen eles a miña vida sería completamente diferente.
Estou agradecida desta oportunidade.

¿Por que lle falei desto?

Porque sei que, -se vostede disfruta desta terapia-, comprenderá perfectamente de que lle falo e se non, pode probalo porque vostede teno ben merecido.
E de facelo, comprobará que ten dentro de si, outra persoa que está desexando saír para proporcionarlle unha vida aínda máis gozosa.

Graciñas por compartir estas alegrías da risa comigo.

O vindeiro xoves,estaremos -D.m. e se vostede o considera oportuno- encontrarémonos nunha: “SEMANA ESPECIAL”.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES