Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De artes e de letras

lunes, 28 de noviembre de 2005
Os medios informativos do estado (TVE e RNE) emiten anuncios da campaña "Un juguete, una ilusión", que pretende que ningún neno deixe de xogar por non ter con que. A campaña está patrocinada pola "Ciudad de las Letras y las Artes", de Valencia.

A campaña, da que se levan celebrado varias edicións, aposta polo xoguete solidario vendendo moi barato un determinado xoguete para arrecadar fondos con destino a mercar xoguetes para os nenos do terceiro mundo. Neste ano, un peón ou peonza.

Ben está a campaña, e ben está o patrocinio que permite saber, case "urbe et orbe" que Valencia pode permitirse o "luxo" de patrocinar unha campaña solidaria a través dunha institución defensora das artes e das letras pero, sobre todo, que pode ser, existir, esta entidade para ben dunha comunidade viva.

Galicia puido ter algo parecido, unha cidade da Cultura, que para moitos é uha enormidade, unha desmesura, pero unha cultura moito máis ca milenaria -coma a nosa- merece ter unha cidade cun corazón batente ó ritmo dos tempos.

Nos mesmos bloques publicitarios que a TVE emite este spot de promoción do xoguete solidario e de Valencia, emítese outro de Caixa Galicia, que fala de creación de riqueza e de facer país.

Diante deso, quen queira buscar relación que non deixe de facelo, aínda que sexa moi feble. Porque algo non funciona neste país se non conseguimos fundir a ánsia dun centro emblemático para as artes e as letras, para a cultura de Galicia, cos verdadeiros poderes que gobernan este país.

Posiblemente a acción dunha Cidade da Cultura, en Santiago, sexa demasiado para as forzas inversoras da comunidade autónoma, pero poden vir axudas do exterior e do interior. Poden vir reforzos do Ministerio de Cultura, dos fondos europeos... pero tamén das institucións do interior -caixas e determinadas fundacións- ás que se lles enche a boca falando de cultura pero logo resulta que a maior parte desa forza pola boca se foi, e as iniciativas non responden ás posibilidades nin, sobre todo, ás necesidades.

De artes e de letras queda moito, aínda, que falar. Que falen, que nós sabemos escoitar moi ben.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES