Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os aforados

jueves, 10 de abril de 2014
Quen dixo que viviamos no século XXI, nunha sociedade avanzada e con toda unha restra de prebendas da chamada sociedade do benestar? Non é verdade, vivimos máis nos eidos da escuridade e da teomanía da Idade Media onde os “foros” e a “loitosa” son aínda verdades que abranguemos todos os españois que deberiamos ser iguais diante da lei que aos catro ventos mornos proclama a constitución tal e como nola venden na popularidade libresca da mentira, facéndonos pensar que estamos arroupados e arrombados polos nosos dirixentes que están AFORADOS e tamén FORRADOS de cartos polas Suízas, mais tamén forrados pola tea viscosa da falta de verdade, pola tea vergoñenta e esvaradiza das pinchorras desavegosas e pezoñentas dos avernos da incomprensión cara a nós mesmos.

Porque os FOROS son canons que os humildes pagamos en virtude de non sei que contrato, a non ser que este (contrato) sexa o voto emitido polos pobres aos que se lles nega a igualdade. Si, señores, somos distintos, porque os aforados queren que haxa diferenzas e por un “quítame allá esas pajas” recórdannos que todo ser humano que hai baixo a capa das estrelas segue a ser igual ao outro, mais eles son AFORADOS en virtude de non sei que foros, aínda que o máis seguro é que sexa o mesmo có prefixo ou sufixo “foro” cuxo significado é “que levan”, do que eles son ben conscientes, pois están levando o país á ruína, os cartos ao estranxeiro, a educación aos ricos, a sanidade a uns poucos e a legalidade faise para que nosoutros sexamos sometidos.

Señores AFORADOS non AFORREN vostedes cadansúas prebendas porque cada día que pasa, as xentes de a pé estamos máis cerca da explosión ou da eclosión dos ovos da galiña de ouro á que os nosos ancestros chamaban “galiñeiras” porque a galiña e os seus pitiños ( dígase “recomendados”) convertéronse en metal aurilocente que até o mesmísimo e rubicundo Apolo se quedaría atónito e pasmado da pegada de tanto diñeiro. Digo, pois, que estamos máis cerca da explosión da nosa indignidade e cando isto ocorra, o forro -que non o foro- da súa pel estará marcada polo contrato da desigualdade e entón non haberá privilexios ou exencións que se concedan aos que nos venden mentiras nesta feira variopinta da indignidade.

O seu sempre afectísimo.

XOSÉ OTERO CANTO
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES