Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cesantías

viernes, 25 de noviembre de 2005
Aquel sistema decimonónico de provisión de prazas de funcionarios era
verdadeiramente dramático. Cando un partido político acadaba o poder, desde
os Ministros ós ordenanzas dos ministerios mudaban de cor. Todo o escalafón
se nutría entre os simpatizantes da forza política gobernante, polo que o
triunfo ou o descalabro nunhas eleccións repercutían directamente nunha
infinidade de famlias que rexistraban na súa vida cotiá a bonanza ou
penuria propias das circunstancias.
Durante o tardofranquismo consolidouse un xeito de funcionariado en
propiedade, baseado nos estudios e nas oposicións, de xeito que se garantía
a inamobilidade do funcionario nunha situación de inamobilidade política.
Co advenimento da democracia, a situación dos funcionarios, na
teoría, non mudou, e seguiron co seu status, ó que foron asimilados tódolos
traballadores pertencentes ás entón vixentes Organización Sindical, Sección
Femenina e Movimiento Nacional.
Pero coa consolidación da democracia chegou unha situación nova, e
ademáis dos funcionarios que acceden polos mecanismos previstos pola Lei,
multiplicouse a función pública ata o infinito con institucións
autonómicas, fundacións públicas, emprecen agora as cesantías do pasado.
Ahí, cando hai un cambio como o que se produciu ou se está procedendo,
cambian os directivos en toda a escala e algo máis.
O proceso é lento, porque os que chegan teñen que tomar conciencia do
poder, dos resortes, dos límites, dos condicionamientos. Pero agora,
superados os cen días do novo goberno, e postos a facer reconto, podemos
ver xa a renovación do escalafón, que comprende delegados, secretarios,
xefes de servicio, cargos de confianza, asesores, encargados de
prensa...¡Que renovación!.
Hai outra fórmula, pero non permite os cambios de imaxe que se
pretenden, e é moito máis cara. Na anterior ocasión en que se pasou do
gobenro do PP ó do tripartito algúns organismos duplicaron o persoal e o
cambio notouse por acumulación, sen cesantías.
De tódolos xeitos as cesantias de hoxe non son aquelas tétricas,
fúnebres, catastróficas de séculos pasados. Agora, para moitos, cada cese
ven cun pan debaixo do brazo, e na travesía do deserto as penas con pan son
moito menos penas.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES