Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Primeiro mar

viernes, 04 de abril de 2014
Por distintos motivos sabemos de numerosas persoas que sen ser indíxenas, foi en Foz onde por primeira vez ollaron o mar. Así o proclamaba, por exemplo, o escritor Carlos G. Reigosa o pasado verán pronunciando o pregón do San Lourenzo, e engadia que aquí por vez primeira falara por teléfono e fora ó cine.

Non nos consta que Cunqueiro manifestara tal extremo, aínda que temos a sensación de que foi así. O que sí lle escoitamos foi: “... para un mindoniense coma mín, o seu mar é o mar de Foz”. Era o ano 62 cando o que suscribe, por casualidade, asistía á tertulia que a cotío celebraban un grupo de xornalistas e homes de letras na histórica taberna de “Elixio” de Vigo, onde o autor de “Merlín e Familia” exercía o xornalismo; e foi alí onde o admirado escritor pronunciou esas verbas das que por avatares da vida fumos testigo e que tan gratamente nos chegaron ós ouvidos. Sí temos lido e escoitado en ocasións á tamén mindoniense, Marina Mayoral expresarse en idéntico sentido.

Acabamos de ler o fermoso libro de memorias que o exitoso escritor vilalbés Agustín F. Paz titula “ O rastro que deixamos”, no que inclue o relato “Primeiro mar”, onde conta cómo foi en Foz que tivo a primeira visión do horizonte infindo,mais alá da súa espléndida chaira nativa, e o contacto coa auga mariña .

O pai de Agustín era músico e tocaba a trompeta na orquestra Mato da capital chairega, de grata lembranza para o cronista. Un domingo de 1955 actuaba, en sesión de tarde, nun salón de baile de Foz e dada a proximidade entre ambas poboacións e, coidando nunha volta á casa relativamente cedo, trouxo con él ó neno Agustín (8 anos) para que vira o mar. A actuación foi no “Bahía”, a sala por entón de actualidade na vila e a bisbarra e a descripción que o autor fai do traxecto entre ésta e o mar correspóndese coa mesma. O escritor remata o nostálxico episodio con estas verbas: “Aquel mar azul escuro, aquela area, aquela auga nas miñas mans, aquel grolo salgado na miña boca, irán sempre na miña memoria asociada a meu pai. O mar de Foz, o meu primeiro mar...”
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES