Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Platero e Curros

jueves, 03 de abril de 2014
Preguntarase vostede, benquerido lector, qué raios ten que ver o burro creado polo andaluz universal Juan Ramón Jiménez e Manuel Curros Enríquez e, sobre todo, qué obxecto trae a unha figura literaria como é Platero xunto cun poeta galego como é Curros, a unha columna de xornalística e de actualidade ourensá como é esta.

Pois ben, vou tratar de explicarllo en poucas palabras, logo de que un documento divulgado onte mesmo polo secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, e que formaba parte do arquivo do que fora alcalde da Coruña, presidente da Real Academia Galega e fillo adoptivo de Celanova, don Manuel Casás, dera a coñecer a admiración que outro escritor universal –neste caso, vasco-, Miguel de Unamuno, profesaba polo poeta de Celanova dende a súa xuventude máis iniciática.

Segundo explicou Henrique Monteagudo na rede, o día 9 de marzo de 1913, a cidade da Coruña acolleu, unha vez, máis unha homenaxe de lembranza ó autor de “Aires da miña terra” coincidindo coa quinto centenario da súa morte na Habana. Os promotores da homenaxe foron os responsables do Circo de Artesáns da Coruña e, polo que conta Monteagudo na contextualización do documento, foron innumerables as personalidades que participaron activamente e coa súa presencia no acto, mentres outras moitas fixérono facendo chegar por escrito algunha reflexión arredor do poeta.

Un deles, como queda dito, foi o escritor vasco asentado daquela en Salamanca, onde rexía os destinos de tan prestixiosa Universidade, quen dende a súa perspectiva de lingüista fai un canto sincero -e, polo tanto, non exento tamén de crítica- das influencias que sobre a súa propia obra exerceu e métrica galega de Curros (“Pero aún se agarran a mi memoria estrofas de la ‘Introducción’, de ‘A Virxe do Cristal’, casi todo ‘O gueiteiro’, el ‘Ai’, la ‘Cantiga’, el ‘Nouturno’, ‘As Cartas’, y algo más de los “’Aires da miña terra’…”).

Pois ben, ó fío desta feliz circunstancia, volvín lembrar eu o Centenario que durante todo este ano está desenvolvendo a Fundación Juan Ramón Jiménez sobre a publicación de Platero y yo e da referencia non menos evocativa que o Premio Nobel de Moguer fai nun dos capítulos do libro do poema “Ai” no que Curros se laia tan amargamente da morte do seu fillo e entón dixen para min se hoxe –cen anos despois- coa Estado das Autonomías en pleno funcionamento estará pasando o mesmo. É dicir, se escritores de calquera Comunidade castelán-falante serán quen de leren a autores dos idiomas “periféricos” nas súas propias linguas. E, non sei por qué, pero dáme que Unamuno e Juan Ramón serían hoxe “raras avis”.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES