Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En abril, grazas mil

jueves, 03 de abril de 2014
¡Xa estamos en abril!
¡Que axiña pasa o tempo!

Cando o tempo pasa axiña, é porque todo vai ben. Todo transcurre dentro da normalidade ou incluso mellor do que esperabamos.

Precisamete porque as cousas nos foron medianamente ben ou moi ben (aínda que haxa moito que mellorar), se lle parece ben, imos dar grazas por todo canto recibimos que nos axudou a facer todo o ben que puidemos, aquelo que fixemos.

Hai un refrán que di: “EN ABRIL, AUGAS MIL”. Con relación a eso da meteoroloxía, penso que nada se pode facer como non sexa abrigarmos ou botar man do paraugas.

Pero se quixen titular este artigo co nome de “EN ABRIL, GRAZAS MIL” é porque estou plenamente convencida de que hai moito de bo na vida de cada quen.

Certo que non sei a súa situación, pero o que si sei é que está lendo esto que eu escribín.

Antes de nada quero darlle as máis expresivas grazas, porque o feito de que haxa persoas como vostede que me len, é para min un aliciente para seguir escribindo.

Vostede, coma min e outras moitas persoas máis somos unhas privilexiadas.

¿Privilexiadas? –dirá vostede.

Pois si.
E vou intentar explicarlle por que:

-Vostede é unha persoa privilexiada porque lle tocou nacer nun lugar onde se ten acceso á educación e vostede fai bo uso dela.
Se lle tocara nacer nun lugar da selva, por exemplo, a súa vida sería completamente diferente. Hai moitísimas persoas que viven sen ter acceso á educación.
Vostede sábeo mellor ca min.

-Vostede ten vista para descifrar o significado dunhas manchas de tinta que lle informan de moitas cousas de utilidade para a súa realización persoal.
Hai persoas que nacen cegas e teñen unha vida moito máis limitada.

-Vostede ten acceso a toda canta información escrita poida precisar. Ese é un privilexio que lle permite comunicarse con infinidade de persoas que teñen algo que comunicar e das que sempre pode aprender algo.

-Vostede puido erguerse hoxe para realizar o seu traballo diario e ademais pode permitirse o luxo de ter tempo para ler o que lle interese e informarse de canto pasa no mundo. Incluso puido ler un artigo de opinión como este que xa é un “extra”.

-Vostede non ten que pensar se terá hoxe para comer nin mañá, nin pasado mañá. Te-lo alimento garantizado é fundamental. Moitas persoas non o teñen; por eso tamén debe sentirse vostede unha persoa privilexiada.
Outras moitas persoas son víctimas da inxustiza e vense privadas de algo tan básico como é o alimento.

-Nin vostede nin os seus achegados teñen falta de roupa e calzado. Incluso poden te-los armarios ateigados de roupa e máis roupa; calzado e máis calzado. ¿Certo?
Pois hai moitas persoas que teñen que vivir do que lles dan en Cáritas e non teñen nada claro nin o que lles poderán dar nin se lles poderán seguir dando.
Por esto, vostede e máis eu, tamén somos persoas privilexiadas.

-Nin vostede nin os seus, teñen ningún problema para acceder á cultura: visitar un museo, ver unha obra de teatro, ler un libro, ver unha boa película, facer unha escapadiña a non sei donde…
Todo esto é moi enriquecedor, pero tampouco está ó alcance de todos.
Por este motivo, vostede tamén pertence ó grupo das persoas privilexiadas.

-Vostede disfruta dunha vivenda, en propiedade ou alugada, herdada ou comprada, pero ten onde cobixarse, onde rir, onde chorar, onde amar, onde....
Ten a súa república independente.
Xa sei que unha vivenda é un dereto fundamental, pero hai quen o está pasando moi mal, tal como nos din os medios de comunicacición.
Incluso é probable que saibamos de alguén próximo a nós que está desafiuzado.
Neste caso vostede tamén pertence ó grupo de prersoas privilexiadas. E eu tamén.

-Vostede é unha persoa que ama pero tamén é correspondida co amor de cantas persoas ten ó seu redor: familia, amistades, veciños...
¿Pensou algunha vez no que debe significar non ter a quen amar nin sentirse unha persoa querida e respetada?
Pois a min cónstame que hai moitas persoas que se senten discriminadas, non queridas, ignoradas... ¡Que pena!
E non é porque cometeran ningún delito; é porque a vida non lles sorri. Así de claro
A vostede, sei que lle sorrí a vida; unha veces máis e otras menos, pero a fin de contas recibe moitos sorrisos.
Certo que os ten ben merecidos; pero aínda así... pode sentirse unha persoa afortunada. Unha persoa moi afortunada.

Ben... Para que seguir se a lista de beneficios que recibimos é inmensa. ¡Inmensa! ¡Moi inmensa!

Por eso pensei que poderíamos dedicar este mes de abril a dar grazas mil, sen esquecerse de facelo os restantes mese do ano.

¿Que lle parece se nos paramos un pouquiño en dar GRAZAS MIL? Eu vouno intentar, entre outras razóns porque me axudará a valorar o que a vida me vai ofrecedo e do que vou disfrutando.

Mil grazas a vostede por lerme.
Vostede dalgunha maneira tamén forma parte da miña vida.
¡Graciñas!
¡Mil grazas!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES