Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para escoitar penas

lunes, 31 de marzo de 2014
O tema musical Deborah´s Theme , que Ennio Morricone compuxo para a película Houbo unha vez en América é de tanta tristura, de tanta melancolía que Alejandra Sánchez Movilla deixa de escribir no ordenador e contempla por entre a persiana os raios de sol que se filtran por entre uns piñeiros.

Queda tan pasmada ante a visión ou ante a música que mesmo semella unha estatua de carne e oso. Cando remata o tema sae do seu espasmo e segue a darlle con forza ás teclas.

Contempla, agora, o corredor da oficina na que traballa e ve aparecer, alá ó fondo, a un paisano con cara de poucos amigos. Emporiso, ela, cun celestial sorriso, axiña desarma ó home e ofrécelle unha cadeira para que sente e para que lle conte as súas penas. Alejandra Sánchez Movilla estaba para iso, para escoitar as penalidades da xente e intentar animalas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES