Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os tontos listos

lunes, 31 de marzo de 2014
Hai unha caste de xente que responde a determinados estereotipos dentro da inmensa fauna humana que conforma -disimúleme a redundancia- este mesto bosque ó que dun xeito xenérico e impersoal denominamos humanidade.

A eles dedicoulles Celso Emilio Ferreiro no ano 1977 unha redonda peza literaria en forma de artigo xornalístico, que constitúe un magnífico tratado sobre o tema -malia a súa brevidade- e que, con coherencia temática, compilou Ramón Nicolás no seu libro “Semblanzas, crónicas e artigos”, e cuxa lectura lle recomendo, xa que logo, axuda a colocar tamén na xanela da inmortalidade ó Celso Emilio prosista. Ou, mellor dito, a un Celso Emilio articulista que ten de seu personalidade propia, máis alá do compañeiro inseparable que levou a carón o escritor a tódolos lados a onde o poeta foi parar.

O artigo titúlase “Los tontilistos tontalitarios” e a el acudo de cando en vez para facer terapia –de feito xa non é a primeira que o traio a colación a esta columna-, cando alguén de sobrada confianza me fai chegar algún comentario -completamente desenfocado- oído verbo da miña persoa ou me fai saber dalgún tipo de vudú contemporáneo que respecto de min mesmo poidan andar a argallar.

Pois ben, como ben di o poeta-articulista, esa caste de persoas son subespecies que forman parte do tronco común dos tontos, que xa é de seu unha especie por si mesma, pero non son uns tontos calquera, porque -repito, como ben afirma Celso Emilio- ata neste ámbito existen “clases sociais” que precisan unha estructuración temática para podelos clasificar.

E é que hai os tontos que son tontos e saben que son tontos, polo cal, por esa consciencia sobre as súas limitacións intelectuais, no fondo, acaban sendo prudentes e inspiran, cando menos, conmiseración.

E logo están os tontos que son tontos, pero pensan que son listos, e que se identifican diafanamente -recurro novamente ó poeta- porque "piensan que los demás no piensan y que todo el monte es orégano de tontez y además estiman que los otros son también de raza tontaina o atontada, que viene a ser lo mismo". É dicir, que un tonto que se pensa listo -continúa o tratado sobre a tontez- "no sabe distinguir el bien del mal, dos valores que para él no son nunca contrarios, sino intercambiables según convenga a sus intereses que, naturalmente, están imbricados y son siempre consustanciales con sus sagrados intereses..."

Pídolle por favor -benquerido lector- que non saque conclusións persoais. Ora ben, se sente que ó cruzarse comigo emerxen nos seus adentros malas vibracións do chan e ademais adoita manifestarmo cunha mirada fría, subversiva e comunmente revirada, entón aconséllolle que non se dea por aludido, pois corre o perigoso risco de acertar.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES