Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mar dos amigos

lunes, 17 de marzo de 2014
“Puedo ser tortuga acorazada, triturada,
amordazada…pero, por amor, no me hagas sopa”.
(De nuestro libro: “Primavera 81-voces de hoy”)

Os que nacimos en vilas mariñeiras levamos o mar no noso cerne. A vida sábenos a mar, úlenos a mar… e na entenderíamos sen decatarnos que o mar é esa inmensa leira azul que aran os barcos na procura do pan dos mariñeiros.

O mar é ise tenro, a veces bravo, manto que nos acaricia na praia nos días de lecer e nos bica con agarimo mentras nos quenta o sol. Mais nós, non sendo mariñeiros, somos privilexiados por non sofrir a súa bravura, e tamén por iso non somos, por máis que o intentamos, capaces de describilo coa verdadeira crudeza que supón aralo todo-los días. Ó mar querémolo e odiámolo ó mesmo tempo, porque se desde terra é fermoso, nos relaxa e ata nos produce placer, desde a cuberta, a visión é máis real, máis dolorosa, máis temible, máis fria e sola. O mar tamén son galernas, cimeterio-Canta a canción: “E un cádrave no fondo do mar”- noites de temporal e, sobre todo, medo.

O mar é ise peixe que brinca nas lonxas negándose a perder o seu habitat natural. O mar é isa muller que o limpa e axeita para a súa venda.Ven sendo días de invernía que nos despertan na madrugada ó berro: “Pro mar, Antón “. O mar é isa fermosa habanera de taberna que nos proporciona un sorriso entre cuncas e pinchos.

Pero o mar só sería un ermo, país dos peixes, se por il non chuzaran os mariñeiros. Ises homes que, alonxados das familias, loitan con forzas titánicas tirando dos cabres, amarras, amoreando caixas…sen otras ferramentas moitas veces que as propias maus. Ises homes que sin horario traballan de sol a sombra ata deitarse esmarallados nos catres a descansar… Como diría aquel patrón: “Xa descansarás no cimeterio” Verbas axeitadas á brutalidade do traballo. Nise cadro só hai a compaña do o zoar do vento e as olas ó ruxir contra o casco. Non queda tempo nin para un soño nin unha canción. O mar é o habitat do meu amigo, o tempo que nos alonxa, a conversa morriñosa tantas veces pendente, o abrazo perdido na néboa…

E o meu amigo, sempre amigo, tratando de soñar con aquela rapaciña que nin siquiera sabe que lle gosta. Porque o meu amigo mariñeiro é tan tímido que, cando está cheo, fuxe da xente que quer. Sí, é verdade que se enche, sen decatarse do maltrato do fígado, e faino tratando de agochar a súa intimidade, e como refuxio da indiferencia da rapaza. Canta:“… Y yo sigo siendo el rey…” E sen dúbida éo da súa vida e do seu destino. Namentras vai vendo como moitos da súa familia só ven nil unha carteira aberta cando regresa do mar. Mentras ises comenencias fan a comedia de querelo sen decatarse que non é parvo.

O meu amigo está fartado de ises aproveitados, dos aldraxes, de comportamentos prepotentes do patrón ou do pesca e ata dos compañeiros. Aprendeu a vivir na soedade que lle enseñan aqueles que só van ó seu. Aprendeu a sofrir en silenzo os callos das maus e as bofetadas na ialma e, cando farto de vivir con certa bichería humán, se desembarca, non só se queda sen traballo e sen cartos – a única pequena ferramenta que tén para defenderse-, senón que resulta aldraxado por cantos o rodean .E disque que da pena, que é un inadaptado, que cando vai ó porto gasta os cartos en puticlubs, que non tén cabeza e que, en definitiva, está tolo. Sei que sí.

O meu amigo é tenro coma mimosín, suave é doce coma Platero…pero non deixa de ser un burro. Xa somos dous, compañeiro, para andar polos vieros da vida oliscando-tamén somos cans-os perigros e trampas, que ata con fraternal agarimo, nos son colocadas pola especie humán.

O meu amigo está farto de traballar e reverter suor entre choiva e batidas das olas; canso de amorear peixe ou carretar mercancía por cantos mares hai; cheo de vivir sen máis agarimo que a ternura que despertan os peixes cando aínda colean nas súas caixas; calado cando xa no tén compañeiros cos que compartir as súas inquedanzas; valeiro por non ser capaz de apreixoar no seu corazón ningún recordo que lle faga florecer un sorriso; o meu amigo desconfia de toda relixión porque tén os miolos cheos ideas que falan de amor, de solidaridade, de xusticia, de comprensión, de obras de caridade… e outra palabras valeiras de significado.

O meu amigo é hoxe un home real-vive perto a nós-, mais convirteuse en voluntario ermitaño-só recibe o cariño e os básicos elementos de supervivencia dunha tenra e sufrida irmá- levando unha vida de anacoreta ou asceta,-sen saber que significan ambas verbas- e que, sen querelo, estase a convertir nun verdadeiro monumento humán á dor alleo. Acorouse co caparazo dunha tartaruga e sigue vivindo rcordando o moito que se preocupaba súa mai por il, recordando que houbo un tempo no que creu ter amigos, que ata se ría e cantaba, chorando tanto cando soupo que aquela picariña dos sus amores había oído outros saloucos e gardando no seu corazón aquil amor plátonico que había envellecido con il e agora xa tiña longas canas. Disque que tén fartura de incomprensión e xa non quer ver a ninguén … e por iso só tén a compaña dun cartón de viño e unha televisión de películas de vaqueros ou parellas…esperando que a cirrosis día os seus frutos para olvidar ó ser humán.

Ó mellor ata tés razón, Amigo. Aínda que nós, os que realmente te seguimos querendo pola grandeza de vida que nos entregaches con tanta xenerosidade, queremos que te coides e nos deixes agarimarte como mereces, que é moitísimo.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES