Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tráfico

martes, 15 de noviembre de 2005
O tráfico polas estradas do noso país é noticia diaria, polas vías e os conductores, polo estado do tempo ou polos periodos vacacionais que alteran toda normalidade.

E as novas de accidentes brutais conmóvennos, alomenos durante un breve espacio de tempo, para logo volver á normalidade, que ven ser ese estado en que pola sucesión de anormalidades nos situamos nunha conciencia -que non consciencia- fatalista de que estas cousas van ocorrer sempre e afortunados seremos se non afectan á nosa xente nen ó noso contorno.

Seguen aínda a asombrarnos esas novas que nos falan de automobilistas que circulan en sentido contrario por unha autovía como ven de pasar en Guitiriz, onde un conductor recorreu doce kilómetros dese xeito, provocou dous choques afortundamente sen graves consecuencias, e deu positivo nun control de alcoholemia cunha taxa seis veces superior á permitida. Pero o que nos asombra en maior medida é que, diante desa situación, o infractor quede en liberdade.

Para tráfico, o que debeu circular entre eses dous mil cincocentos teléfonos móbiles da Xunta de Galicia para ter pendientes de pago trece millóns de euros, agora que o consumo dos móbiles é cada vez máis barato, especialmente para unha gran corporación -gran cliente, chámanlles as empresas-, aínda que non se tivese pagado nin un só euro nos últimos catro anos.

E, en fin, tráfico o que tería esa páxina de internet dos independentistas galegos que ven de ser clausurada á vez que se detuvo ós responsables coa acusación de pertencer a unha organización que fai apoloxía do terrorismo, e outros delictos.

Vamos.. Que o do tráfico, cada vez é máis complicado, pola polivalencia da palabra e polo número de implicados. Eso, sen falar dos traficantes, que veñen aínda a complicar máis a intelixibilidade do que lemos, vemos ou escoitamos.

Sempre que se fala de tráfico, pídese prudencia. O mesmo haberá que pedir para a interpretación de todo ó que o tráfico se refire. Porque a posta en liberdade dun conductor irresponsable seguro que ten unha explicación lóxica. De igual maneira, non todo o tráfico en Internet é correcto, e hai que vixialo, e parece que por fin a Xustiza toma en conta moi seriamente as actividades destes grupos. E, do mesmo xeito, seguro que terá unha explicación ou debera tela o tráfico dos móbiles, que -de ser
exactas as cifras- hai que concluir que, o mesmo que moitos automobilistas, hai usuarios que ¡van coma tolos!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES