Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un regalo

lunes, 10 de marzo de 2014
O que lle vou contar, benquerido lector, é tan certo como que calquera dos protagonistas da historia poden acabar lendo esta columna, razón pola que a vou contar dende a perspectiva do anonimato, xa que logo, o que conta -nunca mellor dito- é a historia e non quen a protagonizou.

Resulta que eran dous amigos da infancia que co tempo, inexorablemente, foron crecendo. Os dous fixeron carreira e un derivou profesionalmente cara a función pública, mentres o outro tomou as rendas dun céntrico negocio familiar de carácter colexial.

A vida corría para os dous con boa posición social e mentres o primeiro ía escalando niveis na súa carreira funcionarial, o segundo centrábase en consolidar e darlle un "toque persoal" ó negocio familiar.

Iso si, na traxectoria de ámbolos dous había unha sutil diferencia. Mentres o traballo do primeiro levaba emparellado un intenso contacto persoal con moitos administrados ó longo do ciclo anual e, con elo, un beneficio implícito e directo para moitos deles, o cal xeraba un agradecemento debido cara ó funcionario, o segundo dedicábase a ofrecer asepticamente o servizo que expedía e cobrar por elo porque así está estipulado e sen cuxa mecánica veríase abocado a pechar, polo que a relación expedidor-cliente era ou non era afectiva sen máis, pero dificilmente chegaba ó grao de agradecemento que xustificase o "pago" con algún regalo puntual.

Sen embargo, no caso do primeiro, o feito de facer ben sen cobrar provocaba que cando chegaba o día do seu santo se encontrase no portal da casa con presentes e regalos feitos, non con carácter preventivo nin con perversos obxectivos, senón coa san intención de agradecer, con algo máis cás gracias, un beneficio causado, por máis que xa lle fose pagado polo erario público o seu traballo funcionarial.

De aí derivou unha afectiva envexa do segundo cara o primeiro, que o levaba a repetirlle con certa frecuencia e cun certo pesar o triste que era a súa vida porque el xamais recibira de ninguén ningún regalo, o cal era tomado coma sinónimo de que non tiña quen aprezase os seus méritos profesionais. Ata que un día, chegado o seu aniversario, recibiu no seu negocio unha gran caixa cun sobre que dicía: "Para fulanito de tal, como mostra de aprezo".

A casualidade quixo que fose a súa muller a que abrise a caixa para comprobar cómo dentro dela había outra, e logo outra, e outra..., ata chegar a un decepcionante final: No fondo non había nada máis ca unha broma. Unha broma que lle sentou tan mal, que aínda non sei se é hoxe que aquela muller se fala cos remitentes do envío postal.

Velaí, pois, un exemplo "sutil" das nefastas consecuencias dos regalos: Que poden ser mal interpretados tanto -coma neste caso- por parte do que os recibe como -especialmente- por parte de quen os dá.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES