Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ou se é, ou non se é...

miércoles, 05 de marzo de 2014
A frase foi pronunciada polo presidente da Deputación de Ourense (ou, se cadra, mellor dito, polo presidente do PP de Ourense) José Manuel Baltar, nun foro no que participou na mañá de onte no compostelán Hostal dos Reis Católicos,

O acto presentouno Pedro Puy (cuestión nada baladí, ó meu ver -por outra banda-, polo que explicarei de seguido) e Baltar teorizou sobre o papel que han xogar as Deputacións na futura organización do Estado.

"Ou se é ou non se é...", manifestou literalmente José Manuel Baltar nun momento da súa alocución, referíndose con tal aseveración á condición galeguista que un ten de seu -ou non ten, que tamén é lícito- no tocante á percepción persoal que cada quen exercita no seu xeito cotián de ver e andar o mundo.

Ou se é ou non se é galeguista. Sen adxectivacións nin epítetos, tal e como tamén indicou na súa introducción, Pedro Puy.

Velaí a disxuntiva ideolóxica que unha vez máis puxo por riba da mesa en acto público Baltar Blanco dende que exerce como presidente da Deputación de Ourense e que a min me leva a teorizar (loxicamente, sen outra documentación de apoio racional cá mera intuición que me guía) sobre os dous posibles vieiros cara os que sen alternativa se encamiña o grupo político que hoxe ostenta o goberno galego.

Ou afonda nos principios do galeguismo -repito, sen apelativos- e sobre eses alicerces conceptuais (tan explorados intelectualmente pola Xeración Nós e tan instalados -a miúdo mesmo no noso subconsciente antropolóxico sen decatármonos delo-) asenta a súa proposta política de futuro para Galicia. Ou participa na integración dun discurso nacional, tan en boga, por outra banda, nestes intres de debate e posta en solfa do Estado das Autonomías no que se atopa mergullada a sociedade española en xeral e a sociedade votante do Partido Popular en particular.

Velaí, repito, a encrucillada que se albisca no horizonte a nada que un poña a man na testa e a sombra lle permita ver un pouco máis alá do espeso souto que constitúe para análise política a barafunda da actualidade cotiá.

Pois ben, sen que me asistan outros datos racionais -repito novamente- cós que almacena -ou adiviña- a miña intuición, non sei por qué, pero dáme a min que aqueles que poden liderar, nese horizonte, un dos dous posibles vieiros ós que fixen referencia, deron onte un paso á fronte -da man- en tan simbólico lugar como é ese onde rematan -e polo tanto, tamén poden empezar- os camiños, para cando a voz unívoca que hoxe os lidera a todos tome o tren, camiño da Meseta.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES