Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xubilosamente

viernes, 11 de noviembre de 2005
Enrique Chao Espina, que foi membro da Academia Galega, crego, escritor e boa persoa, con motivo da súa xubilación -que aceptou con ledicia- publicou unha monografía sobre este feito, afirmando que xubilación viña de xúbilo ("Iobel"), desde o tempo dos clásicos.

Xubilarse nestes tempos significa deixar a ocupación habitual para adicarse á vocación, se existe, que para algúns pode ser a afección desatendida durante toda a vida e para outros simplemente non facer nada.

Claro que para dedicarse ás vocacións ou para non facer nada hai que conseguir unha infraestructura económica axeitada, ou -o que ven ser o mesmo- unha xubilación económica que sexa abonda para seguir levando unha vida normal.

Nos últimos tempos, o de xubilarse, para determinadas profesións ou sectores, púxose en bandexa incentivando o adianto desta situación envbeneficio dos balances anuais das correspondentes empresas, ou para a renovación de determinados colectivos.

Así, na policía, no exército, na banca e aforro, concedéronse envidiables xubilacións ós cincuenta e tantos anos, xenerosamente dotadas con cargo ó patrimonio colectivo. No ensino, estas xubilacións véñense producindo a partir dos sesenta anos, coa xustificación de que para dar clase hai que ter moi fresco o espírito e sintonizar coa xente nova dunha forma especial.

Pero parece agora que estes tempos remataron, e o Goberno vai reducir de xeito decisivo as xubilacións antes dos sesenta e cinco anos, e favorecer e premiar as que se produzan posteriormente a esa idade.

O sistema non pode resistir estes adiantos na xubilación, pero ten necesariamente que soportar as producidas hai anos, que prolongarán aínda durante moito tempo os seus efectos demoedores. Anúnciase que en quince ou vinte anos o conglomerado de pensións en España entre en déficit, e hai que ir prevendo a situación, poñendo as barbas en remollo antes do colapso.

Ben está prever con tempo, poñer remedios e conseguir que os xubilados sigan pasando a esa situación de xeito xubiloso, sabendo que poden seguir vivindo con normalidade como froito dunha longa etapa de traballo e cotización. Pero non a base de retrasar a idade de xubilación, porque os sesenta e cinco anos con trinta e tantos cotizados son límite abondo para a prestación de servicios con plenitude de forzas.

Que os xubilados poidan seguir facendo vida normal é o primeiro deber deste estado de benestar e das institucións que gobernan o país. É inadmisible pensar que os xubilados non poidan disfrutar da súa situación xubilosamente. E o tema é competencia do goberno, que ten uns anos por diante para buscar imprescindible solución.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES