Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Férveme o sangue

jueves, 27 de febrero de 2014
Son unha persoa en idade senil; pero aínda me ferve o sangue.
Non pense vostede que me ferve o sangue como hai corenta anos, férveme –se cabe máis intensamente- por outras razóns, entre elas porque sinto un gran amor pola xente nova.

Afortunadamente sempre tiven contacto bastante directo coa xente xove, sempre a aconsellei o mellor que souben e o mellor que puiden.
Moitas veces lles dixen aquelo de:

“O QUE DE NOVO NON TRABALLA, DE VELLO DURME NA PALLA”

A veces, dáballes ganas de rir, pero no fondo penso que a inmensa maioría tiña moi claro o que lle quería dicir.
E se algún non me entendeu, aínda está a tempo.

A min tocoume de vivir dúas etapas ben diferentes no tocante á escolaridade da infancia.
Nos meus tempos de nena recordo que a mestra sempre facía a mesma pregunta:
¿Por qué has faltado a clase?
(Daquela ser mestre e ter que usar o idioma de Cervantes era todo o mesmo. Tanto daba que estiveran nunha escola do Caurel como en calquera das capitais de provincia galegas.)

A resposta dos alumnado, sempre era a mesma:
“Tuve que ir con las vacas”

Daquela os nenos eran utilizados como brazos de traballo porque as circunstacias eran así de duras.
Nin que decir ten que poucos nenos do medio rural conseguían o certificado de estudios primarios naqueles tempos.
No medio urbano penso que era algo diferente. Alí non había que ir coas vacas, aínda que moitas nenas tiveran que quedar da escola para face-los labores domésticos ó tempo que se ían preparando para seren boas amas de casa o día de mañá.
Daquela o futuro da muller estaba ligado en boa medida á vida de familia na parcela doméstica.
Tamén había mulleres que conseguían emanciparse culural, económica e socialmente, pero non na maioría dos casos.

Cando se implantou o ensino obrigatorio, faltar á escola quedou prohibido por lei.
Hoxe en día ricos, pobres, labregos, obreiros, empregados ou enxeñeiros teñen que mandar os nenos á escola obrigatoria até os dexaseis anos.
Empezan en Educacion Infantil ós tres ou catro anos. Logo até os doce fan seis anos de Educación Primaria e a continuación o Ensino Secundario Obrigatorio que son catro anos máis.

En teoría ós dezaseis anos tódolos xoves estarían en posesión dun tútulo que garantizaría que posúen uns coñecementos básicos sobre matemáticas, saben facer un comentario de texto, coñecen a xeografía e a historia do mundo e máis algúns coñecementos básicos sobre varios idiomas.

Nos tempos que estamos esa é a base mínima para saber por onde tes que ir no camiño da vida.

E agora voulle dá-la explicación de por que me ferve o sangue:

-FÉRVEME O SANGUE cando sei que hai nenos e nenas que non aproveitan a escolaridade xa desde o primeiro día porque as súas familias están en “Babia”. (Que me perdoen os de Babia, é tan só un modo de falar)
Aínda que lle pareza mentira, hai familias así e conste que non me refiro ás familias escluídas socialmente. Esto pasa con algunha frecuencia en “familias normais”
¡Ollo ó dato!

-FÉRVEME O SANGUE cando sei que hai familias que infravaloran e incluso desprestixian o labor do profesorado, inculcando nos seus fillos unha actitude negativa cara a institución escolar.
¿Para que usan a cabeza?
O meu padriño dicía que:
“O que non ten cabeza, excusa sombreiro”
Ou tamén. “¿Qué se lle pode pedir a un chaleque sin mangas?”

-FÉRVEME O SANGUE porque unha parte do alumnado non consegue a titulación mínima e non é por falta de capacidade, é por falta de entrega.
¿Que pensa facer coa súa vida?
¿Que porvir espera?

-FÉRVEME O SANGUE cando sei que hai quen non sabe valorar o que significa ter unha escola ben equipada tanto en recursos humanos como en medios materiais.
Loxicamente este tipo de alumnado tampouco sabe valorar o esforzo que fai a familia para que teña un bo futuro.
Din que é de ben nacidos, ser agradecidos.
Entonces...

-FÉRVEME O SANGUE cando teño noticias de que hai alumnos que non respetan ós profesores e estes séntense impotentes, amárganse e vense obrigados a coller unha baixa antes de arruína-la súa saúde.
¿Que se gaña con actitudes deste estilo?

-FÉRVEME O SANGUE cando sei que certos alumnos empregan tódalas súas enerxías en arruína-la súa saúde física, mental e espiritual.
Non é que lles falte capacidade, nin información nin os medios necesarios pero e que : “NON QUEREN”
¿Que pasa pola cabeza destas persoas?
¿Onde están as causas?

-FÉRVEME O SANGUE porque moitos alumnos dispostos a aplicarse canto máis poden, vense perxudicados por outros empeñados en auga-la festa, sufrindo en ocasións o maltrato psicolóxico dese grupo de “compañeiros” que de compañeiros teñen moi pouco.

Vostede pode decir:
“Sempre houbo de todo”
Claro que sempre houbo de todo.
Nos meus tempos tamén, pero…

¿NON É PREOCUPANTE QUE DA POUCA XUVENTUDE QUE TEMOS HOXE EN DÍA, UNHA PORCENTAXE SE COMPORTE DESTA MANEIRA?

A ninguén se lle pode pedir que dea máis do que pode, pero:
¿É moito pedir que quen non queira estudiar, deixe que outros poidan facelo?

Pregúntome eu:

¿Será posible que os novos sexan víctimas en moitas ocasións da mala xestión da vida familiar ?

Non sei porque me parece que algunhas familias están enfermas e que unha parte da sociedade tamén precisa de “médico”.
Por eles tamén me ferve o sangue, pero como non podo facer máis do que veño facendo, vou confiar que algún día esto deixe de ser un problema.
Descargo neste artigo a miña preocupación e o que teña oídos para oír que oia.

Esta sociedade vai recoller o que está sementando.
Nos mundos que nos toca vivir ser pai ou nai de família como debe ser é todo un reto.
Estou convencida que a moitas familias tamén lles “ferve o sangue” e esa é a miña esperanza nun mundo mellor.

E TAMÉN EXISTE MOITA XENTE NOVA Á QUE LLE FERVE O SANGUE POR CONSTRUIR ESE MUNDO QUE DESEXAMOS.

Esa xuventude será a encargada de darnos un futuro prometedor.
Daquela o sangue seguiramos fervendo pero será por motivos ben diferentes.
De momento só queda agradecer o labor daquelas persoas ás que lles ferve o sangue porque teñen conciencia do que convén facer.

Sei que vostede é unha desas persoas ás que tamén lle ferve o sangue, por eso contar con vostede á hora de escribir este artigo foi un gran consolo.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES