Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Envellecer ben

jueves, 20 de febrero de 2014
O artigo anterior trataba sobre unha experiencia que tiven nun circuito cultural co Mundo Sénior. Foi unha experiencia moi enriquecedora, pero unha das razóns fundamentais era porque o Mundo Sénior do que falo chegou á senectude co boa calidade de vida.

Loxicamente non lle preguntei a ninguén como fixera para chegar así de ben a esta etapa tan enriquecedora da vida; pero vou pensar un pouquiño sobre cales poden ser agunhas das armas que nos aseguren unha boa maneira de envellecer.

Polo que puiden observar tratábase de PERSOAS ACTIVAS, persoas que non se durmiron nos loureiros.

Imaxínoas:
-De nenas que souberon aplicarse na escola.

-De xoves boas estudiantes e ó mesmo tempo ben divertidas.

-De adultas desempeñaron oficios ou profesións que lles permitiron levar unha vida digna con máis ou menos soltura económica; pero boa vida a fin de contas.

-De maiores vense disfrutando de tódolos logros anteriores, están recollendo os froitos de toda unha vida ben planificada.
Ademais tiveron a sorte de poder chegar ó día de hoxe con bo estado de saúde. Eso xa é ter moita sorte.

Tamén son PERSOAS SOCIABLES.
Nótaselles que nada máis verte xa entablan conversación e aínda que nunca te viran, explícanse con moita soltura e transparencia porque se senten satisfeitas coa súa maneira de ser.

-Dá gusto estar na súa compañía.

-Teñen moito que contar e saben andar pola vida coa cabeza ben erguida.

-Imaxínoas, persoas que foron boas compañeiras de estudios ou de traballo porque souberon empatizar co seu entorno.
Persoas que se souberon abrir camiño sendo amables coas que foron encontrando polo camiño da vida.
Por experiencia propia, podo asegurar que “SER AMABLE ABRE MOITAS PORTAS”.

E a esas persoas ACTIVAS e SOCIABLES nunca lles falta un SORRISO nos seus beizos:

-Saudan cun sorriso aínda que sexa suave e cunha mirada transparente.

-Entablan unha conversa cun sorriso a flor de pel.

-Soportan os problemas con bo sentido do humor aceptando o que vida lles vai deparando. Se os problemas teñen solución, non tardará en chegar e se non a teñen, toca asumir e aceptar. Non queda outra.

-Cando as visita a enfermidade, móstranse pacientes e esperanzadas. Son comprensivas cos coidadores e co persoal sanitario. E se lles toca coidar, tamén saben facelo.

-Van superando obstáculos con toda a serenidade de que son capaces e conseguen envellecer de xeito adecuado.
Incluso de anciás son persoas encantadoras.

Vexamos agora a diferencia desta maneira de envellecer á de outras persoas que pensaran de maneira ben diferente.

Por exemplo:
-Persoas que de novas se durmiron: tanto lle daba levar boas calificacións escolares como non. Esas que a veces din:
¡Para que rompe-la cabeza se onde rompe-lo lombo nunca faltou!

-Persoas abandoadas que non se preocuparon por labrarse un porvir, esperando que foran otras as que lles sacaran a castañas do lume.

-Persoas que pensan que a vida é todo festa e do que se trata é de disfrutala coa lei do mínimo esforzo.

-Persoas que pensan que medio mundo se ri do outro medio e elas son das que se rin porque levan unha vida moi folgada.

-Persoas que intentan ser sociables pero non sempre acertan porque o mundo no que viven non se corresponde co mundo responsable da realidade cotiá.
Son persoas superficiais: moito ruído e poucas noces.

-Deste xeito a vida non lle sorrí e elas acaban perdendo o sorriso. Pouco a pouco vanse aillando e moitas veces rematan sufrindo unha dura soidade na derradeira etapa da súa vida.

Xa se sabe que no mundo hai de todo.
Cada persoa desde o seu nacemento vai construindo o seu futuro, unhas veces con máis medios e outras con menos; pero en calquera caso está demostrado que as persoas ACTIVAS, SOCIABLES E DE BO CARÁTER teñen máis posibilidades de envellecer ben que outras que seguen outro camiño.

Sei que vostede é unha persoas das do primeiro grupo porque ademais da súa actividade cotiá aínda lle sobra un anaquiño de tempo para ler un artigo de Mercedes, na sección de Opinión de Galica Dixital. Eso significa que sabe administrar moi ben o seu tempo.

Sei que é unha persoa sociable porque como posúe moita información, pode entablar conversación con calquera que considere oportuno, para falar de temas varios. Desta maneira enriquécese vostede e máis enriquece a quen está ó seu carón.

E tamén sei que é unha persoa alegre e sorrinte porque está satisfeita coa súa vida.
Goza de paz interior independentemente de que estea pasando ou non por algún bache dos que nos presenta a vida á hora menos pesada.

Sei que vai envellecer con boa calidade de vida porque: “Recóllese do que se sementa”.

Vostedde merece unha boa colleita porque a súa semente é de boa calidade e caeu en terra fértil que foi sachando, regando e abonando día trás día.

Alégrame saber que tanto se xa disfruta da súa etapa senil como se aínda está en idade laboral; en calquera caso está envellecendo adecuadamente.
(Perdoe pola palabra envellecer, pero din os médicos que envellecemos desde que nacemos e de forma máis acentuada a partir dos 25 anos)

Esta vida é moi corta, do que se trata é de disfrutala coa mellor calidade que sexa posible ó alcance de cada quen.

Envellecer ben é moi recomendable para a propia persoa e tamén para as que a rodean.

Eu pertenzo ó grupo das persoas que pensan que –chegado o momento- non podemos engadir un segundo máis á nosa vida; pero o que si podemos facer é que esta sexa vivida con dignidade.

Por eso é mi importante SABER ENVELLECER e para eso hai que estar aprendendo sempre porque a vida é unha escola de aprendizaxe.
Neste caso trátase de SABER ENVELLECER.
¡Por moitos anos!
Se todo vai ben, o vindeiro xoves o artigo titularase: “FÉRVEME O SANGUE” que ben poidera parecer contraposto a este, pero ten moito que ver.
Ademais está de actualidade.
Pode que lle interese.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES