Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O enigma do Curbeiro

lunes, 17 de febrero de 2014
Un dos lugares mais enigmáticos da xeografía vilega, foi, en tempos, O Curbeiro..

Ubicado ó final da explanada do porto, antes da construcción déste e do recheo da ría , era unha paraxe afastada e inhóspita,a onde os rapaces de vez en cando acudíamos para “facer a escola”.

Profundo acantilado sobre a marisma, cuberto de abondosa e tupida vexetación, aniñaban nel aves de rapiña, córvidos e outras especies sinistras, según as léndas e crenzas populares. En días de treboada zoaba o vento nos altos eucaliptos, que se bandeaban ostentosamente emitindo uns laídos lúgubres que daban maior sensación fantasmal ó contorno,. facendo que, alá polo inverno de 1952, a poboación vivise xornadas de inquedanza e desacougo, ante o feito misterioso para o que non se atopaba explicación...

Entre lusco e fusco, daquel lugar recóndito saían uns laios, profundos e intermitentes, audibles a distancia, que ninguén identificaba. A inquedanza polo feito insólito foi tal que á noitiña formábanse auténticas marchas hacia o lugar, barruntándose as mais fantásticas teorías; e así o vello Chao, un histórico do mar de Foz, aseguraba que se trataba dunha culebra tan grande como a “Sevilla”, a súa lancha, e as voces mais finas e agudas que se escoitaban eran as das crías. Outras opinións circulaban polo lugar, e aínda houbo quen quixo interpretalo como aviso do alén. Según él tratábase das almas de don Eliseo Martínez e da muller, dona Pilar (a parella de grandes benfeitores do pobo) que, purgando as penas na antesala do paradíso, pedían que se aplicaran misas pola súa alma para gañar de contado o descanso eterno. O argumento víase reforzado pola divulgación do mesmo dende a emisora de radio construída por Leopoldo Carro, “do retratista”, que era todo un alarde de imaxinación e de sentido do humor.

Nestas se estaba cando tres mozos: Milito, José Ramón de Cheíño e Paco de Marica, ármanse de valor e, atados pola cintura, realizan a arriscada aventura de deslizarse polo cantil da costa, no punto mais alto coñecido por “A Soalta”, entre as hedras e a maleza que xenerosamente cubrían as paredes, e deste xeito descúbrense os autores da desfeita: un niño de curuxas, inofensivas e fermosas, que os intrépidos escaladorea se repartiron como botín da súa aventura. Quedou así resolto o enigma do Curbeiro, e voltou a paz para o seu territorio...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES