Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presidente Touriño

martes, 08 de noviembre de 2005
O discurso de onte do Presidente Touriño no Senado, independentemente dos xuizos que mereza ás distintas interpretacións políticas, foi exemplo do País que temos, do País que somos.

E esta realidade obriga a que nos plantexemos unha pregunta que coidamos esencial: ¿Inflúen os políticos no País, ou o País nos políticos?. Queremos crer que a influencia é mútua, e en tanto que os Políticos coa súa acción, a súa omisión e a súa palabra van conformando os marcos de convivencia e polo tanto o País, este -Galicia- coa súa presencia, coa súa esencia, inflúe de xeito moi directo nos nosos gobernantes acomodándoos ás realidades; imbuíndoos de algo que os cataláns chaman "seny", e que nos sabemos que non é máis ca o "sentidiño".

Remontándonos á época de Albor, o mesmo Rei Don Xoan Carlos facía constar a serenidade do Presidente galego en momento difíciles para o país. A el non fixo falla dicirlle aquelo de "Tranquilo, Jordi, tranquilo...". El, era tranquilo por natureza; por galego.

Centrándonos en Don Manuel, os seus opoñentes políticos recoñecen -agora que xa non goberna- que desempeñou en todo momento un moi digno papel na Presidencia da Xunta deixando a Galicia nun lugar de honra.

Chegados ó momento actual, en que os Estatutos se usan como arma letal, ver que Touriño defende unha "vía galega" para a reforma estatutaria reconforta, porque eso quere dicir que vai ser un Estatuto que valla para todos, que é ó que temos que aspirar.

Se os Estatutos non son máis que "cartas magnas" de rexións ou nacionalidades (¿tan radical é o concepto nación?) dentro da Constitución común, ningún pode sobresair excesivamente sobre os demáis sen provocar desaxustes inconcebibles e insoportables.

Ten razón Touriño cando pide para o novo Estatuto a incorporación dos sinais de identidade, o desenvolvemento máximo de competencias autonómicas, un sistema de resolución de posibles conflictos normativos, e un longo etcétera.

Polo que se ve, e a menos que ó Bng lle pareza unha reforma moi tibia, non imos ter moito problema en Galicia co novo Estatuto. Porque Galicia non quere problemas deste tipo. Chéganlle cos que ten sen que se inventen outros novos.

O da vía galega non está nada mal. "Gallegos de lluvia y calma", según Miguel Hernández. Galegos con sentidiño, según nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES