Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Atrancos

viernes, 04 de noviembre de 2005
Portugal sempre estivo lonxe. A pesares da cultura común, do idioma, da cercanía, do clima... para os galegos, Portugal era o extranxeiro ata hai moi pouco tempo.

O tempo foi achegándonos. O turismo, primeiro; as relacións comerciais despois; pouco a pouco a fronteira desapareceu e a autovía acabou por uni-las dúas beiras do Miño chamadas a estar xuntas desde o comezo dos tempos.

Galicia por España e Miño por Portugal non poden ter limitación nen barreira, e a continuidade garántena, ademáis, a moeda común e a común pertenza á U.E. Por eso parece lóxico que as vías de comunicación se incrementen o máis rápido posible.

O Ave entre Oporto e Vigo é o mellor exemplo de vencello transfronteirizo, pero o gozo posible cae -agardemos que só momentaneamente- nun pozo, porque o proxecto está conxelado debido a dificultades presupostarias do veciño país.

O Presidente Touriño acode a Portugal a tentar rachar esa barreira, e agardamos que teña o éxito que a iniciativa merece, porque Galicia e Portugal precisan, para un desenvolvemento armónico e conxunto, estar cada día máis cerca.

Eliminar estes atrancos é importantísimo para intercomunicar dous pobos, pero hai outros -puntuais, sí- non menos importantes como o que aconteceu en Leon, autovía Madrid-Coruña, o pasado xoves, que evidencia que algo non funciona neste país.

Medio milleiro de mineiros leoneses -sen dúbida cargados por millóns de razóns- cortan o tráfico e teñen parados na estrada durante sete horas ós conductores que circulaban por esta vía.

Non é cousa de sacar a relucir nomes de países do terceiro mundo onde poden pasar cousas así, toleradas polas súas autoridades. Aquí, é inadmisible, e evidencia que o “talante” anquilosa a toma de decisións inaprazables, imprescindibles.

Os atrancos do Ave poden solucionarse, e agardámolo. Os outros atrancos, se non se solucionan, degradan a convivencia, deprecian a nosa conciencia ciudadana, e trasládannos -por omisión- ó máis paupérrimo Far West.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES