Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As enchentas

miércoles, 29 de enero de 2014
Nestas semanas sentinme abraiado contemplando a Terra Chá asolagada de auga, transmitía unha sensación doente. Os nosos ríos tan doces, semellaban alporizados, vertían o seu caudal e anegaban a súa contorna… E porque conviven con nós dun xeito tranquilo, e non son estrepitosos coma os da Ribeira Sacra ou a Costa da Morte, producen nas e nos chairegos este desacougo.

Son un sinal de que os elementos naturais forman parte de nós, pero non somos conscientes acotío desta simbiose. Cómpre reforzala co noso aprezo e agradecemento, son as nosas raíces: a paisaxe, a lingua, un xeito de organizar o territorio que marca as nosas relacións cos demáis… Axudannos a facer pé cando navegamos neste mundo global que nos toca vivir, para non desorientarnos na voráxine do mercantilismo e do pensamento único co que nos queren manipular e engulir sen diferenciarnos, porque para o capital tod@s somos números e simples consumidores do que a eles lles peta.

A fidelidade ó eido de cadaquén axúdanos a valorar a saúde que nos transmiten os nosos devanceiros cunha gastronomía sá, como a cociña da avoa, esa convivencia coas fragas e soutos que afastaban o lume, a interacción cos ríos – tod@s temos un río na nosa infancia-, esa arquitectura popular construindo as vivendas segundo as alumee o sol, aforrando enerxía e contaminación…

Pero vítimas de modas foráneas non sabemos que comemos, importamos construcións que firen a paisaxe e os nosos petos, maquillamos as ribeiras dos ríos coma xardíns destruíndo os acobillos de moitas especies e mesmo facilitando estas enchentas, ó desaparecer os boscos fluviais das súas beiras.

O noso mundo endexamais se sentiu tan acosado polas desfeitas da cobiza, cómpre apostar polos valores que sostiveron un mundo ateigado de saúde tantos séculos. A mocidade e as nosas crianzas merecen este galano, que os adultos aínda estamos a tempo de descubrirlle. A tradición e a modernidade son boas colegas e axudan a facer camiño cada día, ata se enriquecen mutuamente, porque non son tempos estancos, senón dúas dinámicas que se complementan no proceso de crear ben, harmonía, sentido de facer pobo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES