Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coñece-lo Estatuto

jueves, 03 de noviembre de 2005
Hai pouco máis dun cuarto de século os berros das manifestacións esixían "Libertade, amnistía e Estatuto de Autonomía".

Tantos días, tantas augas, tantos acontecementos despois, a libertade supónsenos, na medida en que cada quen poida acceder a ela polos seus condicionamentos (económicos), a amnistía non ten xa razón de ser e o Estatuto sería xa o segundo, porque sexa renovado o primeiro en razón da súa vetustez; por ter cumprido os obxectivos que del se agardaban.

Onte foi xornada longa para os deputados no Congreso de Madrid, para decidir aceptar a trámite o novo proxecto de "Estatut" promovido polo Parlamento catalán, que reforma e amplía o existente e parece ser que desborda -non todos opinan o mesmo- o marco constitucional vixente.

Por alusións, Galicia tamén estivo presente e daba xenio ver ó deputado Paco Rodríguez falando en castelán asegurando que no noso País se sintonizaba co espíritu do "Estatut", e augurando clima axeitado para unha similar renovación no próximo futuro.

Unha enquisa feita pública recentemente afirma que sete de cada dez galegos -68,9%- consideran necesaria a reforma do Estatuto de Autonomía, pero é ben dubidoso que sete de cada dez galegos coñezan en profundidade o noso Estatuto como para saber que precisa ser cambiado.

O problema dos marcos lexislativos -Constitución e Estatuto- é que son esgrimidos como armas arroxadizas según conveña, pero son grandes descoñecidos para os afectados.

Da constitución, coñécense uns cantos artículos, especialmente o 20, para falar de liberdades informativas, e o resto queda nunha nebulosa mitificada como o paradigma de liberdades, dereitos e perfección de futuro.

Co Estatuto pasa o mesmo. Falta unha campaña que explique a tódolos galegos os seus contidos, e tamén as súas virtudes e defectos. Non podemos pronunciarnos sobre a necesidade do seu cambio ou reforma se non coñecemos os seus contidos.

O Estatuto está ahí, como unha estatua, para ser venerado pero non coñecido e analisado. Contamos con el, pero non o coñecemos dabondo.

É moi probable que nolo cambien antes de que cheguemos a coñecelo axeitadamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES