Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Copagos

jueves, 23 de enero de 2014
Nestes últimos tempos, cada dous por tres escoitamos a palabra “copago”, e con ela a amenaza clara ou sibilina, da posible aplicación en determinados campos de actividade ou atención. E polo que imos coñecendo do tema, esto dos copagos, resulta infame por natureza ao modificar situacións sociais unilateramente, nunha acción na que ninguén pode opinar e menos decidir senón somente acatar o que alguén dispón no transcurso dunha noite (non soño dunha noite de verán) tenebrosa.

Hai que aforrar sustancialmente no custo dos medicamentos para a Seguridade Social. Neso estamos de acordo a práctica totalidade dos cidadáns, pero ao mellor hai que emprender unha fortísima campaña para educar aos usuarios na conveniencia de non acumular medicamentos, de non pedir máis dos necesarios, de usar e non abusar. Haberá que informar aos profesionais médicos e farmacéuticos de cómo e cando dispensar, das doses e da devolución dos medicamentos non consumidos. E, sobre todo, haberá que negociar coa industria farmacéutica para acomodar productos ás necesidades, precios a realidades.

Pero arbitrar o pago porque si, caiga quen caiga, por moito que se diga que se vai facer en proporción á renda ou posibilidades de cada quen orixina nos usuarios unha tensión e unha anguria que aínda non se ten calibrado axeitadamente nesta continua alza de precios de productos esenciais. Xa non digamos retirar aos usuarios determinados medicamentos que sen embargo son precisos para o mantemento da saúde dos aqueixados por algunha enfermidade.

A efectos sociais, é un traballo de destrucción anímica de imposible evaluación. A efectos económicos, é un magro resultado nunca compensado polas agresións efectuadas. E a efectos políticos, alguén debería ter en conta que algo así pode cambiar o signo dun goberno só con que nas próximas eleccións alguén prometa anular copagos e amañar as desfeitas que neste sensible campo se están a efectuar.

Aínda que non estea disposto a cumprilo, que o tema das promesas electorais xa sabemos que pode ser tomado polos partidos gañadores a beneficio de inventario.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES