Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Favores na Administración

lunes, 20 de enero de 2014
Os titulares dos medios de comunicación teñen como misión atraer a atención dos lectores, ointes ou televidentes, para facelos deter nos máis expresivos, ou que aborden temas do seu interese. Pero tamén poden servir para desencadenar asociacións de ideas relacionadas co tema en cuestión.

Iso me pasou cando vin o titular de que a Xuíza De Lara está a investigar se unha empresa privada pagou favores publicos de adxudicación de contratos con viaxes, limpezas de domicilios ou obras en vivendas particulares.

E a asociación de ideas que me provocou foi máis de tipo temporal que temático. Veume poñer de manifesto a evolución que está experimentando esta sociedade cara a considerar faltas e delitos feitos que noutros tempos eran admitidos, tolerados e aínda admirados.

A situación chegou a ser tal que todos tiñamos a crenza de que para gañar un concurso da Administración para a adxudicación dun servizo, non só facía falla preparar unha excelente documentación, ter unha traxectoria impecable como empresa, e axustar os precios aos servizos a prestar presentando a mellor proposta sen incurrir en baixa temeraria, senón que era convinte ter relacións que facilitasen o discurrir do contrato na dirección desexada.

Que a inmensa maioría dos contratos da Administración son honrados, calquera está disposto a admitilo. Pero a existencia de investigacións e decisións xudiciais sobre adxudicacións de obras ou servizos veñen poñer de manifesto que a suspicacia popular tiña algunha razón de ser.

Estamos no bo camiño cando se investigan conductas que non poden servir de exemplo para agora mesmo nin para o futuro. O que hai que pedir é rapidez nas investigacións, e claridade nos procedementos. Daí só pode saír limpeza na función pública, e lección para a empresa privada. Queda moito por camiñar pero alomenos sabemos que hai quen camiña, e sabe cara onde vai.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES