Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carteiros

lunes, 31 de octubre de 2005
Hai temas cíclicos, que xorden cando determinadas circunstancias posibilitan ou esixen a súa aparición. E cando a situación non se arregla pacificamente, o conflicto estoupa xeralmente a xeito de folga.

A progresiva subida dos carburantes é a última gran disculpa para as alteracións sociais.

Primeiro foron os camioneiros e transportistas en xeral que denuncian que estes carburantes subiron un corenta por cento nos últimos tempos, e precisan repercutir tales subidas nos importes que perciben polo seu traballo.

Logo, os traballadores da mar, que nos seus buques pesqueiros sofren o mesmo problema, e o pescado segue a ser caro, cada vez máis, porque as viaxes para buscalo saen moito máis caras polo custe do gasóleo.

En ámbolos dous casos, arbitráronse solucións -logo de folga, perxuicios, diálogos e resolución oficial- que máis ou menos deixaron satisfeitas ás partes.

Agora veñen os carteiros, profesionais ó servicio de Correos, que deben aportar os seus vehículos para efectua-lo traballo, e dos que os sindicatos denuncian que estes coches hai que vencelos ós cinco anos, con 250.000 km. e logo de percibir únicamente 0,19 € por kilómetro recorrido.

A ollos dun profano pode parecer que aínda non hai queixa porque se un coche de carteiro andivo en cinco anos 250.000 kilómetros, este percibiu 47.500 € como compensación, cifra que xa non parece tan pequena.

Seguro que os carteiros tamén teñen razón nas dúas reivindicacións, porque as subidas son para todos, e afortunado é o que pode repercutir este custo.

E faltan os labregos, que xa amenazaron con sacar os tractores, e boa experiencia temos da capacidade de bloqueo que ten a numerosa flota de vehículos agrarios que en Galicia hai.

Independientemente de que lembremos o inerme que queda o coductor ou conductora de a pe que non ten máis remedio que pechar coas consecuencias das subidas, temos que pensar que algo falla cando determinados temas como as subidas do gasóleo, que directa ou tanxencialmente afectan á Administración, non están previstas a efectos de repercusión e de mantemento dos niveis económicos conseguidos por cada sector.

Que os diversos axentes sociais se mobilicen cando sufren agresións, parece lóxico e lícito aínda que causen graves danos ó tecido social. Pero a Administración non pode quedarse impávida, agardando que xurdan os conflictos para logo apagalos a caldeiros.

Agora, os carteiros. Que parece danan menos ca os transportistas que desplazan productos de primeira necesidade, pero son imprescindibles para un funcionamento normal da nosa sociedade. A súa carencia farase sentir nos próximos días. Entón, os nosos gobernantes, reaccionarán.

Algo cheira a vello neste país. Algo, pois, debe ventilarse e cambiar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES