Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a estupidez humana

viernes, 17 de enero de 2014
A complexidade do ser humano é asombrosa. Vivimos atrapados entre dous polos opostos difíciles de conciliar nun mesmo individuo. Por unha banda a evolución dotounos dun potencial biolóxico extraordinario, moi superior ó de calquera outra especie, o cal nos permitiu levar a cabo avances asombrosos en áreas tan relevantes como a astronomía, a arqueoloxía, a bioloxía ou a historia. Todo ilo posibilitou que progresaramos no coñecemento da nosa propia historia e oríxenes, así como na construcción de complexas sociedades con numerosos servicios ó alcance dos seus cidadáns.

Porén, todos estes avances vense eclipsados, cada vez con maior intensidade, pola nosa indomable estupidez. Esta condición fainos capaces de cometer as maiores atrocidades sen apenas inmutarnos. Como mostra, somos quen de facer oídos sordos ós avisos que o planeta nos está a dar en materia de contaminación permitindo que algunhas potencias mundiais segan sen cumprir o Protocolo de Kioto. Qué decir de aspectos como a relixión. O que nun principio debería servir para unir ás persoas foi perbertido ó longo da historia por numerosos colectivos que empregaron a creencia relixiosa como medio de dominación e control, dando así renda solta a un odio e intolerancia que día tras día segue a incrementar a súa cifra de vítimas.

Por se isto non fose suficiente a nosa estupidez evítanos aprender dos erros, de xeito que os repetimos unha e outra vez coas consabidas consecuencias que isto conleva. ¿Acaso non lles sorprende que exemplos tan extraordinarios coma o de Nelson Mandela non servisen para lograr que a democracia se instalara dunha vez por todas en continentes como o Africano? Lonxe do que cabería esperar despois de logros como o de Madiba o continente Africano ostenta o triste récord de ser o continente que alberga maior número de ditadores.

Desgraciadamente o noso país non é unha excepción en materia de estupidez, contando nas súas filas cun amplo abanico de expertos na materia. Así, son numerosas as cidades e pobos que seguen a profesarse un mutuo desprezo baseado en absurdas rivalidades deportivas e conflitos políticos que non fan máis que poñer en evidencia as limitacións intelectuais dos suxeitos que as protagonizan.

É certo que existen tamén multitude de persoas, atreveríame a decir que se trata da gran maioría da poboación, que se caracterizan polo contrario, xente intelixente, con sentido común e apertura de miras. O problema radica en que na maioría de ocasións o talento desta maioría vese eclipsado polo incompetencia dunha minoría poderosa que nos malgoberna. Efectivamente estoume a referir á clase política, o gremio que máis esforzos fai por preservar o xen da estupidez. Son numerosos os exemplos que apoian esta hipótese. ¿Lembran vostedes a guerra de Irak? Efectivamente, ese vergonzoso ataque armado no que o entonces presidente do goberno Xose María Aznar decidiu involucrarnos, desoíndo por completo o criterio da maior parte da poboación do noso país e de organismos referencia como a ONU. Persoalmente non atopo un exemplo que retrate mellor o poder destrutivo da estupidez humana cando esta se atopa en mans poderosas.

Ante a imposibilidade de extinguir o mal da estupidez, plantéxasenos como reto para o futuro intentar atenuar na medida do posible os estragos que ésta pode causar. Comecemos entón por escoller mellor ós nosos representantes políticos. Máis vale previr que lamentar.
Riera, Martiño
Riera, Martiño


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES