Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As cantigas populares sobre algúns santuarios galegos

viernes, 28 de octubre de 2005
As cantigas normalmente son composicións breves, de tres ou catro versos, xeralmente octosilábicos, que cada comunidade empregou nos traballos agrícolas, actos sociais, festivos etc, e aínda seguen vivas no recordo de cada pobo. "O cancioneiro tiña o seu acrecentamento nas festas familiares, principalmente nos casamentos, e nas labores agrícolas. Non había día que non se oíse cantar no traballo, na sega, e polo camiño das leiras e do monte." (I)

A súa temática e dilatada xa que abrangue a tódolos aspectos vitaes de cada comunidade, tanto profanos como relixiosos.
O pensador galego Vicente Risco distinguiú as seguintes categorías:
1ª.- Cantigas correspondientes ás festas do ano, de carácter relixioso ou profano, supervivencias algunhas de vellos ritos pagáns.
2ª.- Cantigas de romaxe, que se cantan no camiño das romerías, unhas de carácter relixioso, outras de troula e brincadeira.
3ª.- Cántigas de divertimento, das que podemos facer dúas castes, asegún sexan ou non pra acompañar o baile. Entre as primeiras temos as muiñeiras, ribeiranas, fandangos etc., e moitas veces as pandeiradas e cántigas de pandeiro. Entre as segundas as alboradas, alalás ..." (II)

A métrica das cántigas é variada. Sen embargo- asegún Taboada Chivite- "a mais vulgar é a cuadra de tipo octosilábico, en asonante os pares ou en consonante. Tanto en versificación como en rima as cuadras teñen modalidades varias, hainos pentasílabos, hexasílabos… (III)

Asemade a poesía emprégase como un instrumento válido nunha serie de situacións vitais: na curación tanto de doenzas humanas como animais; nas bendicións que se empregan para protexer ás persoas e animais, levadas a cabo por persoas adicadas a estes fins; en tódalas oracións que se aprenden na infancia, agás as oficiais recitadas na igrexa; nos esconxuros para alonxa-las tormentas e os malos espíritos; nas críticas a persoas ou seccións da comunidade, etc. "La poesía manifiesta un universo filosófico-moral. En su forma de verlo, los versos hablan pasionalmente de derechos, obligaciones, lealtades, de virtud e inmoralidad; de ideas, sentimientos y pasiones...La poesía rural gallega, es, por tanto, conocimiento, moral, orden y estética. Pero también es magia, y religión, poder, acción...." (IV)

CANTIGAS

1.- SANTUARIO DE S.ANDRÉS DE TEIXIDO
Este santuario pertence á parroquia de Sta. María da Régoa, no concello de Cedeira, provincia da Coruña. A "romaxe" principal celébrase o día 8 de setembro. (V)

"Fun ó S.Andrés
aló no cabo do mundo
sólo por te ver meu santo
tres días hai que non durmo".

"O divino S.Andrés
mandou empedrar o mar
para que os seus romeiriños
o foran a visitar".

"A herba de namorar
a herba namoradeira.
A herba de namorar
tráigocha na faltriqueira".

"O San Andrés de Teixido
está dereito na porta
mirando para os romeiros
como lle baixan a costa".

2.- SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO CORPIÑO
Está situado na parroquia de Sta. Baia de Losón, concello de Lalín, provincia de Pontevedra. A "romaxe" celébrase os días 23 e 24 de xuño. (VI)

"Adeus, monte do Corpiño
e parroquia de Losón,
anque vos perdo de vista
lévovos no corazón".

"Fun ao Corpiño de lonxe,
fun aló, hei de volver,
quedoume riba do altar,
a monteira por coller".

"Adiós, Virxe do Corpiño,
as costas che vou virando,
inda que a cara vai rindo
o corazón vai chorando".

"Viva a Virxe do Corpiño
orgullo da nosa terra,
que librou a moitos quintos
da dura morte na guerra".

3.- SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA BARCA
Está situado na parroquia de Muxía, no concello do mesmo nome, provincia da Coruña. A "romaxe" principal celébrase o primeiro domingo despois do 8 de setembro. (VII)

"Nosa Señora da Barca
miña santa queridiña
traédeme o meu amor
dentro da vosa barquiña".

"Nosa Señora da Barca
ten o tellado de pedra,
ben o podía ter de ouro
miña Virxe, si quixera".

"Veño da Virxen da Barca
veño de abalar a pedra,
tuven que abalar a pequena
porque a grande non quixo ela".

"Nosa Señora da Barca,
Nosa Señora, valéime,
que estou no medio do mar
non hai barqueiro que reme"

4.- SANTUARIO DA VIRXE DA FRANQUEIRA
Este santuario pertence a parroquia de Sta. María da Franqueira, concello da Caniza, provincia de Pontevedra. A "romaxe" celébrase dúas veces no ano: nas Pascuillas de Pentecostés e o día 8 de setembro. (VIII)

"Virxe da Franqueira
Virxe ben amada,
aqui lle traemos
á resucitada".

"Virxe da Franqueira
miña compañeira;
pro ano que vén
non viréi solteira".

"Virxe da Franqueira
que tés un meniño,
fainos levadeiro
o longo camiño".

"A Virxe de Lurdes
vai para a Franqueira
visitar a santa
Virxe compañeira".

5.- SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DO FARO
Está situado no cume do monte Faro, pertencente a parroquia de Santiago de Requeixo, concello de Chantada, provincia de Lugo. A "romaxe" principal celébrase o día 8 de setembro. (IX)

"Nosa Señora do Faro
está sentada na porta
mirando pra os de Requeixo
cómo lle ruben a costa".

"Hei de ir á Virxe do Faro,
hei de levarlle unha vela,
hei de buscar unha moza
que teña boa merenda".

"Nosa Señora do Faro
moi altiña se foi pór:
dálle o aire, dálle o vento,
dálle o sol todo arredor

"Fui eu, madre, en romaría
a Faro con meu amigo
e veño del namorada
por quanto falou comigo
¡ca mi xurou que morría
por mi, tal ben me quería! (X)

6.- SANTUARIO DE STA. MARTA DE RIBARTEME
Este santuario está situado na parroquia de S. Xosé de Ribarteme, concello das Neves, provincia de Pontevedra. A "romaxe" celébrase o día 27 de xullo. (XI)

"Virxe Sta. Marta
estrela da noite,
que lle deu a vida
ó que estivo á morte".

"Virxe Sta. Marta
que estás nese altar
asta ti chegamos
para che cantar".

"Virxe Santa Marta
ramo de azafrán,
o noso remedio
está na súa man".

"Virxe Santa Marta
as gracias lle damos
cumprida a promesa
prá casa marchamos.

7.- SANTUARIO DA VIRXE DOS MILAGROS
Está situado na parroquia de Sta. María de Saavedra, concello de Begonte, provincia de Lugo. A "romaxe" celébrase o día 24 de maio. (XII)

"Cuando el impío francés
profanar quiso este templo
llevó gran lección y ejemplo
sujetándole los pies.
Para que conozcan quien es
la que es grande y poderosa".

"En este mismo lugar
han visto con excelencia
que por vuestra sola presencia
los incendios se apagaron.
Escucha, pues, tu cantar,
Madre mía bondadosa".

8.- SANTUARIO DE STA. MINIA DE BRIÓN
Este santuario está situado na parroquia de S.Fíns de Brión, concello de Brión, provincia da Coruña. A "romaxe" lévase a cabo os días 26 e 27 de setembro. (XIII)

"Sta.Minia de Brión
está nunha furna deitada
se non fora Sta.Minia
Brión non valía nada".

"Sta.Minia veu de Cádiz,
desembarcou en Padrón,
agora vámola ver
a S.Félix de Brión".

9.- SANTUARIO DA VIRXE DOS REMEDIOS
Esta situado na entrada de Mondoñedo, provincia de Lugo. A "romaxe" celébrase o día 8 de setembro. (XIV)

"Mondoñedo está nun baixo
Vilanova nun baixiño,
Nosa Virxen dos Remedios
está a beira do camiño".

"La Virgen de los Remedios
es pequeñita y galana
ni que bajara del cielo
el pintor que la pintara".

"Virxen Santa dos Remedios
.........................

¡Ti fuches quen salvaches
ós mariños do Barqueiro,
cando aquela noite moura
tanto refoleaba o vento!

10.- SANTUARIO DA VIRXE DO CRISTAL
Este santuario pertence a parroquia de S.Salvador de Vilanova dos Infantes, concello de Celanova, provincia de Ourense. (XV)

"Rapazas de Vilanova
ben vos podedes gabar;
que non hai Virxe no mundo
como a Virxe do Cristal".

"Na soedade da noite
polo prácido luar,
varios romeiros cantando
cara á ermida do Cristal.
Todos os romeiros calan
ó sentiren as campás,
e reverentes, piadosos,
collendo a gorra na man,
marmuran unha pregaria
pra Santiña do Cristal.

BIBLIOGRAFÍA
I.- TABOADA CHIVITE, Xesús.- "Etnografía Galega". Cultura Espiritual. Ed. Galaxia. Vigo. 1972, pg. 168.
II.- RISCO, Vicente.- "Etnografía. Cultura Espiritual". Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo. Ed. Akal. Madrid. 1979, pg. 718.
III.- TABOADA CHIVITE, Xesús.- Ob. cit, pg. 174.
IV.- LISON TOLOSANA, Carmelo.- "Perfiles simbólico-morales de la cultura gallega". Ed. Akal. Madrid. 1981, pg.56.
V.- Os seguintes autores, que enumero a continuación, recolleron cantigas sobre o citado santuario.
5.1.- RISCO, Vicente.- Ob. cit. pg. 405.
5.2.- COSTA CLAVELL, Xavier.- "Bandolerismo, Romerías y jergas gallegas". Biblioteca Gallega. Serie Nova. Ed. La Voz de Galicia. La Coruña. 1980, pgs.118,119,122,123.
5.3.- FRAGUAS, Antonio.- "Romarias e Santuarios". Biblioteca Básica da Cultura Galega". Ed. Galaxia. Vigo. 1988, pgs, 41-43.
5.4.- TABOADA CHIVITE, Xesús.- Ob. cit, pg.165.
5.5.- CABANILLAS, Ramón.- "Cancioneiro Popular Galego". Ed. Galaxia. Vigo. 1973, pgs.123-125.
5.6.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. "Las Romerías/ Peregrinaciones y sus símbolos" Ed.Xerais de Galicia. Vigo.1987, pgs. 197,201,207.
5.7.- VICTOR SUEIRO, Jorge y NIETO, Amparo. "Galicia. Romería Interminable". Ed. Penthalon. Madrid. 1.983, pgs.128-137.
5.8.- USERO, Rafael.- "El Santuario de S.Andrés de Teixido". Santiago. 1972.
VI.- Os seguintes autores, que enumero a continuación, recolleron cantigas sobre este santuario.
6.1.- FRAGUAS, Antonio.- Ob. cit, pg. 299.
6.2.- CABANILLAS, Ramón.- Ob. cit. pg. 126.
6.3.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob. cit. pg. 164.
6.4.- VICTOR SUEIRO, Jorge, NIETO, Amparo.- Ob. cit, pgs.156-157.
6.5.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Ob. cit, pg.164.
VII.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
7.1.- CABANILLAS, Ramón.- Ob. cit, pg. 123.
7.2.- SUAREZ, Andrés.- "Luaña". Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega. Ed. Galaxia. Vigo. 1979, pg.88.
7.3.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob. cit, pg. 130.
7.4.- RISCO, Vicente.- Ob. cit, pg. 389.
7.5.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Ob. cit, pg. 203.
7.6.- VICTOR SUEIRO, Jorge y NIETO, Amparo.- Ob. cit, pgs. 142,145,147.
7.7.- CEBRIAN FRANCO, Juan José. "Guía para visitar los Santuarios Marianos de Galicia" Vol.2 de la Serie "María en los pueblos de España". Ed. Encuentro. Madrid.1989.
VIII.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
8.1.- TABOADA CHIVITE, Xesús.- Ob.cit, pg. 163.
8.2.- FRAGUAS, Antonio.- Ob. cit, pgs. 333-339.
8.3.- RISCO, Vicente.- Ob. cit, pg. 393.
8.4.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob. cit, pgs.137-144.
8.5.- CEBRIAN FRANCO, Juan José.- Ob. cit.
8.6.- VICTOR SUEIRO, Jorge, y NIETO, Amparo.- Ob. cit, pgs.197-200.
8.7.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Ob. cit, pg. 164.
IX.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
9.1.- FRAGUAS, Antonio.- Ob.cit, pgs. 147-151.
9.2.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob. cit, pgs. 151-156.
9.3.- CEBRIAN FRANCO, Juan José.- Ob. cit, pgs.163-164.
9.4.- RIELO CARBALLO, Isaac.- Literatura Popular. "Cancións Galegas". Servicio de publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo. Lugo. 1990, pg.56.
9.5.- MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Ob.cit, pg.207.
9.6.- VICTOR SUEIRO, Jorge, y NIETO, Amparo.- Ob.cit, pgs.208,210.
X.- Cantiga de amigo de "XOHAN DE REQUEIXO", poeta chantadino do século XIII, que está recollida no "Cancioneiro da Vaticana".
XI.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
11.1.- RISCO, Vicente.- Ob.cit, pgs. 411-413.
11.2.- FRAGUAS, Antonio.- Ob.cit, pgs. 320-322.
11.3.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob.cit. pgs. 170-174.
11.4.- VICTOR SUEIRO, Jorge, y NIETO, Amparo.- Ob. cit, pgs. 202,205.
XII.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
12.1.- BLANCO PRADO, José Manuel. "Religiosidad popular en el municipio de Begonte (Lugo)". Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo. Lugo, pg. 78.
12.2.- DIAZ TEIJEIRO, José.- "Recuerdo del Santuario de Ntra. Sra. de los Milagros de Saavedra (Lugo)". Ed.Celta. Lugo. 1953, pgs.10,11.
12.3.- FRAGUAS, Antonio.- Ob. cit, pg. 155.
12.4.- CEBRIAN FRANCO, Juan José.- Ob.cit.
XIII.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
13.1.- RIELO CARBALLO, Isaac.- Ob.cit, pg. 64.
13.2.- CABANILLAS, Ramón.- Ob.cit. pg. 126.
13.3.- FRAGUAS, Antonio.- Ob.cit. pgs.71-74.
XIV.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
14.1.- RISCO, Vicente.- Ob.cit, pg. 400.
14.2.- TRAPERO PARDO,J.- "Santuario de los Remedios".
Mondoñedo. Servicio Publicaciones Diputación Provincial. Lugo.1991, pg.107.
14.3.- FRAGUAS, Antonio.- Ob.cit, pg. 132.
14.4.- CEBRIAN FRANCO, Juan José.- Ob.cit, pg. 205.
14.5.- VICTOR SUEIRO, Jorge y NIETO, Amparo.- Ob.cit, pg. 234.
XV.- As cantigas deste santuario foron recollidas polos seguintes autores:
15.1.- FRAGUAS, Antonio.- Ob.cit, pgs. 234,235.
15.2.- COSTA CLAVELL, Xavier.- Ob.cit, pgs. 180-191
15.3.- VICTOR SUEIRO, Jorge y NIETO, Amparo.- Ob.cit, pgs.173-174.
15.4.- CEBRIAN FRANCO, Juan José.- Ob.cit.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES