Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auto - Homenaxe

viernes, 10 de enero de 2014
Os rueiros dos pobos; ou sexa, as vías urbáns e espazos públicos, acostuman chamarse por nomes que os distinguen e identifican.Topónimos, ou persoeiros de variada índole, en xeral considerados pola sociedade, singularizan rúas, xardíns e lugares de mais ou menos interese aínda que, lóxicamente, non sempre gozan do beneplácito dos vecinos. Durante anos, un tramo da via que atravesa a vila levou un nome descoñecido para a maioría dos focegos: Folke Pherzon, ata que un goberno sumerxiuse no nomenclator estabrecido que, en casos resultan insólitos ou sorprendentes.

Borrouse canto nome tiña mínima connotación franquista, mesmo o dos que na incivil do 36, á forza, vìronse obrigados a loitar no bando do ferrolán; pero deuse unha incongruencia de bulto: o esforzo incontrolado fixo que caera tamén quen fora alcalde republicano, home de prestixo, e fundador do PSOE e a UGT locais. Sacouse do medio a Pherzon e, para amosar o seu “progresismo”, os “depuradores” botaron man doutro de allende as fronteiras; moi coñecido, pero que as xentes pregúntanse qué pinta Mijael Gorvachov nunha rua de Foz.

Aquel goberno, sabedor do meritorio do seu labor, e seguro de que tal é o sensato, trocou o nome popular do “camiño do Cantel” por calle “Corporacións Municipais”, en auto-homenaxe, pois foron eles mesmos os promotores, eles os que a valoraron, quen tomaron o acordo; os que mercaron as placas para pendurar das paredes, reservando ós cidadans a honra de pagar, a través dos impostos, os gastos que se derivan. Ou sexa, eles o guisaron, o comeron e o desfrutan dende unha egolatría que comparten, colectiva e individualmente, uns e outros protagonistas do auto-bombo, co que todos eles se atopan moi a gusto; un distingo, sen data de caducidade, que abrangue a todas as corporacións, habidas e por haber; mesmo a aquelas incapaces de redactar e aprobar un PXOM digno, ouxetivo, ou acordar unha ubicación, o mais idónea posible, para a depuradora... Hai quens dín que os edís defenden intereses alleos á ética política e mesmo á persoal; pero só son faladurías,,,!


(Suso Fernández é o Cronista Oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES