Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Borrón e nova conta

jueves, 27 de octubre de 2005
É este título unha frase feita pra simbolizar o final dunha etapa e comezo da seguinte.

Finaliza un tempo e ese final plásmase cun punto, cunha liña grosa ou cun borrón. E, dahí en diante, novo tempo, novas formas, novos xeitos, e a camiñar.

A escala nacional, quedou plasmada na memoria colectiva unha ampla etapa na que, en lugar de facer novas contas, recurríase á "herencia recibida" para xustificar calquera disfunción. É este un socorrido método para botar balóns fóra, ou para culpar do que nos afecta ós que non están connosco.

Aquí, no noso país, nesto que pode ser considerado "nación", "nacionalidade", "antigo reino" ou "comunidade autónoma", estase pasando folla sen acabar de pasar; está empezando un novo tempo sen deixar que remate, se esqueza ou se peche o tempo anterior.

Xa non pola Cidade da Cultura, que aínda non se sabe que facer co que estaba chamado a ser edificio modélico, con vida propia do continente aparte do do contido, e que domina Compostela desde as alturas inmediatas con garantía de papel preponderante no físico e no social.

Sí por decisións políticas das novas autoridades que anulan outras das anteriores, sendo as últimas as de para-los trámites de vintecatro minicentrais hidroeléctricas, e a moratoria para trece presas xa aprobadas en ríos da comunidade.

Hai que poñerse dentro da pel dun político para poder xulga-los seus actos. Hai que dominar tema, circunstancias e momento para poder saber se unha decisión é correcta ou non. Se é políticamente correcta ou non, porque administrativamente cabe supor que tódalas decisións son correctas xa que do contrario estarían recurridas legalmente, de oficio ou a instancia de parte.

Visto o tema con frialdade, parece un tanto revanchista anular decisións anteriores, a menos que sexan ostensiblemente gravosas, inxustas ou desaxustadas.

Anular decisións dos antecesores pode non deixar quedar ben ós anteriores administradores pero, desde logo, non deixa quedar ben ós novos.

Independentemente de a quen lle toque botar o borrón, botamos en falta a urxentísima asunción de "contas novas" para o novo tempo que vivimos xa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES