Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeroporto asturiano para Galicia

viernes, 03 de enero de 2014
Hai varios anos, o que foi Alcalde de Lugo, Joaquín García Díez comentou que as autovías servían para conectar nos dous sentidos, e en concreto a A6 de Madrid a A Coruña pasando por Lugo, para conectar Lugo co resto do mundo, para saír de Lugo pero tamén para poder facer que xentes da provincia e doutras provincias viñeran a Lugo, conxeniando as forzas centrífuga e centrípeta, referidas ás persoas e ás economías.

Vense de poñer en funcionamento o último tramo da autovía A-8 no territorio correspondente a Asturias, faltando só dous tramos en terras lucenses, arredor de Mondoñedo, que resultan ser os máis complexos e costosos desta gran obra, e tamén os máis lentos, se ben parece que as obras están a piques de rematar.

Agora que os tramos asturianos están rematados, desde Ribadeo ao aeroporto de Asturias pódese chegar en automóbil en cincuenta minutos, mentras ao de Santiago levará cento cinco, e para chegar ao de Asturias non haberá ningún tramo de pago mentras que para o de Compostela si hai peaxe, ou unha duración aínda maior da viaxe.

A nova autovía, esa A8 que axuda a vertebrar as terras lucenses e conecta o tráfico que ven de Asturias e o de todo o norte da provincia e a terra Chá coa A6, en Baamonde, é unha obra magnífica, que case resulta incrible nestes tempos de restriccións nos que as obras públicas esmorecen. Pero se non se emprende unha operación informativa no sentido en que no seu momento indicaba ao antigo alcalde García Díez, pode volverse na nosa contra.

Que Ribadeo quede do aeroporto de Santiago a máis do doble de tempo ca do de Oviedo, xoga en contra de Labacolla, e das economías lucense e galega, bastante depauperadas xa. Alguén dos que nos gobernan debería tomar boa nota de esta circunstancia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES