Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No centenario de Cilistro

martes, 31 de diciembre de 2013
No derradeiro día do 2013, aínda acae celebrar os 50 anos dun dos libros máis senlleiros da nosa escrita: O segredo do humor de Celestino Fernández de la Vega, Unha encarga que lle fixo a editorial Galaxia, cando estaban a teorizar sobre os trazos fundamentais da nosa cultura.

Cadraron no proxecto dunhas obras colectivas dedicadas a Rosalía, á saudade e á paisaxe, pero a confección en grupo do cuarto pé non acadaba para eles a altura necesaria para manter con rigor e consistencia o corpo que estaban a soñar e enxergar para a nosa cultura… Estaban a matinar no humor, pero non atopaban o persoal para facer unha colleita vizosa coma nas outras achegas, aínda que concordaban nun nome: Cilistro, coma o coñecían os amigos.

Xa tiña afondado naquel cenáculo sobre a paisaxe, a saudade e o humor, coma os eixes da nosa vivenza comunal. Soubemos deste proceso na voz de Ramón Piñeiro, que foi o prologuista do seu ensaio. Cando morreu Celestino, Xermolos organizoulle unha xornada de memoria (1986), e Ramón Piñeiro glosou a súa traxectoria nunha Casa Habanera ateigada de xente, entre eles o poeta Díaz Castro, Henrique Santamarina, etc. Estabamos a celebrar a obra dun dos filósofos máis senlleiros de tódolos tempos. O seu ensaio non desmerece do pensamento europeo que coñecía polo miúdo, igual cas literaturas e as artes..., como demostra no limiar da 2ª edición o filósofo chairego Antón Baamonde…

Co tempo non só afondamos nas entranas das súas reflexións máis lúcidas sobre o sentir humano, tamén compartimos algunha andadura con él, cando intentábamos legalizar a Asociación Xermolos… Despois de moitas reviravoltas non dábamos coa “nai do año”, cubreunos un manto de silencio pola oposición frontal dos caciques do pobo ó nacemento da iniciativa.

Acudimos a Celestino, avogado no governo civil, onde estaba atrancado o expediente. E con moita sabedoría foi abrindonos camiño. Naquela situación ridícula, xa na transición, ensinounos a descubrir que todo ten o seu anverso e reverso, a súa traxedia e comicidade, e aprendimos co mestre a valorar o humor nas circunstancias conflictivas. Foron varios encontros nos que nos sorprendeu o seu enxeño e nobreza.

O 2014 é o centenario do seu nacemento, igual co do poeta de Guitiriz, Díaz Castro, e imos celebralo porque consideramos Friol, o seu berce, coma a extensión natural da Chaira, e Celestino foi o padriño de Xermolos naquel parto complicado. A súa familia estivo ligada ó Balneario, o seu tío Wenceslao, o primeiro director e a súa curmá Jimena tamén medica nel, a primeira muller coa súa irmá xemelga en estudiar na universidade galega.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES