Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O poder da familia

jueves, 26 de diciembre de 2013
O poder da familia Pareceume que unha boa maneira de despedi-lo ano 2013 é felicitando a todas aquelas familias que se consideran células básicas da sociedade: piares básicos sobre os que descansa a sociedade actual.

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE SE CONSIDERAN AXENTES DE PRIMEIRA IMPORTANCIA neste mundo tan globalizado no que a veces é difícil abrirse paso para acertar co camiño máis axeitado.
Desafortunadamente hai familias que perden o control sobre os seus fillos pensando que o mundo se encargará de encamiñalos; pero están equivocados. Os encargados da educación son os pais. A escola instrúe e o mundo en moitas ocasións o que dá son golpes.

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE SON CONSCIENTES DE QUE A RAÍZ DO PROGRESO ESTÁ NO PROPIO FOGAR onde a infancia aprende do exemplo dos seus maiores os valores fundamentais que rixen a convivencia social en paz e harmonía.

O que se aprende no fogar, lévase impreso nos xenes. É para toda a vida. Vaias por donde vaias e fagas o que fagas, a etiqueta famiiar lévala contigo sempre. Según como sexa pode abrirche ou pecharche moitas portas.É cuestión de elixir o que queremos para a xeración seguinte.

TODAS AQUELAS FAMILIAS ONDE REINA A AUTORIDADE SAUDABLE, NON O AUTORITARISMO. Familias onde cada quen ocupa o seu posto: o pai ten autoridade paterna, a nai ten a autoridade materna e onde os fillos non teñen lugar a dúbidas de quen é cada quen nin do que deben facer.
Cando se observa que nunha familia que os seus membros están cambiados de sitio, malamente. Os pais que se fan amigos e se poñen a mesma altura dos fillos, consciente ou inconscientemente están deixando os fillos orfos.

TODAS AQUELAS FAMILIAS ONDE REINA A COOPERACIÓN FAMILIAR porque cada membro ten as súas responsabilidades ben asumidas e ponas en práctica para que o conxunto funcione como cabe esperar dunha boa familia.
Hoxe en día faise moi necesaria a cooperación de tódolos membros en responsabilidades proporcionais á súa idade. O que antes era labor exclusivo das nais, agora toca compartilo porque elas tamén traballan fóra e dentro do fogar e xa teñen bastante con levar a organización.

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE AÍNDA CONSERVAN O CONTACTO HUMANO NAS RELACIÓNS FAMILIA-ESCOLA; onde a familia ocupa o lugar da familia, o profesorado o lugar do profesorado e o alumnado o lugar que lle corresponde ó alumnado.
¡Que bonito ver unha familia unida con tres ou a veces catro xeracións, respectando o posto que lle corresponde a cada membro!
Se nos paráramos a pesar que é moi pouco o tempo que temos para compartir os membros dunha familia, quizais nos dedicaríamos máis tempo.
¡Que bonito é cando a família e maila escola camiñan en dirección paralela! Unha criaturiña precisa do apoio da família en coordinación coa escola para aunar esforzos e máis para facer a vida máis levadeira a todos, obtendo os mellores resultados.

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE CONSERVAN AS RELACIÓNS INTERXERACIONAIS aprendendo uns dos outros nun ambiente de comunicación saudable, no que os maiotres teñen moito que dicir da experiencia da vida e os nenos das últimas novidades.
Os avós son dúas veces pais e quérenlles ós netos tanto como lles poidan querer os propios pais. A relación netos-avós é sumamante enriquecedora, sumamente tenra, sumamente humana e unha boa transmisora de valores.

TODAS AQUELAS FAMILIAS NAS QUE A COMUNICACIÓN É ALGO IMPRESCINDIBLE e por eso reservan un tempo para compartir inquedanzas todos reunidos.
Cando un neno medra nun ambiente no que cada membro comunica as súas emocións, madura moi equilibradamente e non vai buscar fóra da casa o que pode encontrar dentro: consello, asesoramento...

TODOS AQUELAS FAMILIAS QUE SE CUIDAN DOS FILLOS DE FORMA DIRECTA porque son conscientes de que neste mundo tan axitado no se poden deixar de vista.
Ainda que pareza mentira, os nenos de hoxe en día están expostos a moitos perigos: insultos, acoso escolar, acoso a través das redes sociais, a droga, programas televisivos inadecuados, violencia e máis violência...
Por eso as familias responsables xogan eles cos seus propios fillos en lugar de enchufalos a unha máquina para que se entreteñan de calquera maneira.

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE DESEXAN PARA OS FILLOS O MELLOR E SON CAPACES DE SACRIFICARSE RENUNCIANDO A MOITAS COUSAS a cambio de que ós seus fillos non lles falten atencións.
Familias que teñen como prioridade os dereitos dos nenos: respetan os seus horarios, dan bo exemplo, corrixen con dozura e se fai falta con enerxía, tamén. Son familias que saben o que teñen entre mans e que saben o que queren para a xeración seguinte.

TODAS AQUELAS FAMÍLIAS QUE CONSERVAN OS VALORES DE TODA A VIDA aínda que teñan que loitar contra vento e marea. Unha cousa é evolucionar e outra ben distinta é tirar todo pola borda: o respeto os superiores, a servicialidade, a xenerosidade, a cortesia, a responsabilidade, os valores relixiosos...
En fin o que antes chamabamos normas de urbanidade.

¿A que ven todo esto?

-Pois porque empezamos un novo ano.
E di o refrán: “Ano novo, vida nova”

-PORQUE TODOS QUEREMOS UN MUNDO FELIZ, pero a cambio temos que construilo co noso esforzo e ensinarllo ós nenos para que o constrúan.

Porque o ano novo vainos dar moitas sorpresas, pero a cambio temos que sudalas, porque:

-Todo ten un prezo.

-Nada hai de balde

- O que algo quere, algo lle costa.

- Non hai fórmulas máxicas.

O QUE SI HAI SON FAMILIAS ESTUPENDAS NAS QUE CONFIAMOS PORQUE SERÁN ELAS QUEN NOS DARÁN CIDADÁNS EDUCADOS CON CAPACIDADE PARA INXECTAR SAVIA NOVA NESTA SOCIEDADE TAN NECESITADA.

Dado que SOMOS O QUE PENSAMOS; se pensamos e cremos no poder da familia, e poñemos-los medios necesarios –coste o que coste- seguro que o ano 2014 será de gran proveito.

Vostde pódeme decir que coa crise que estamos padecendo non esta o alcacer para gaitas.
Eu dígolle que ten razón, pero no toda porque a educación que pode dar unha familia ós seus fillos é gratuita.
Refírome ós valores que tanto estamos botando en falta últimamente.
Se desde o fogar formamos persoas educadas en valores, seguro que o futuro será máis esperanzador.
A crise económica é moi grave; pero a crise de valores aínda é peor.
Con poucos cartos e moitos valores aínda se pode facer algo; pero con moito cartos e poucos valores...a ruína está cada vez máis cerca.

O ideal sería ter moitos valores e moitos cartos, pero tódalas comenencias, nun saco, non caben.

Hai que elixir, recordando que: “O BENEFICIO VÉN DESPOIS DO SACRIFICIO”.

Costa un pouco entendelo, porque a vida é dura pero merece levar unha vida responsable par poder disfrutala em plenitude.
Contando com boas familias, o porvir está em boas mans.
Seguro que 2014 nos vai deparar moitas sorpresas.
Ese éo desexo de tódalas persoas de boa vontade, entre as que se atopa vostede.
Se todos arrimamos o ombreiro, 2014 será un ano estupendo.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES