Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pensionistas

miércoles, 18 de diciembre de 2013
Cando un traballador chega a unha determinada idade e conta coa cotización precisa, pasa a unha situación que se ten denominado de Retirado, xubilado ou pensionista. E aínda que parezan dicir o mesmo, os conceptos son diferentes, ou foinos facendo diferentes a evolución do “retiro” nestas últimas décadas.

Antes “retirado” era a persoa que xa non tiña unha actividade productiva ou intelectual, e cobraba un “retiro” da administración do Estado, pero nos últimos tempos o “retirado” é o que foi arredado da actividade, da actualidade. Por iso, moi poucos dos que eu coñezo se identifican como retirados, aínda que ás veces a dinámica ou a saúde vaian forzando esta realidade, que ten que ser moi triste.

O de “xubilado” préstase moito mellor ao que acontece na actualidade, especialmente se entendemos que o concepto procede do “xúbilo” dimanado de coroar con ben unha longa etapa da vida, pasando a outra que se supón máis descansada, con menos preocupacións, con posibilidade de atender inquedanzas e apetencias que durante a etapa laboral foron quedando arredadas.

E finalmente está o calificativo de “pensionista”, que significará que cada mes esa persoa percibe unha pensión, relacionada coas anos de cotización, co importe desta, e coas posibilidades das finanzas da Seguridade Social. Como pensionista non poido negar a miña satisfacción pola liberdade de facer o que me apetece todas as horas do día, e pola puntualidade do pago que antes de que rematara novembro xa me aboaron a mensualidade máis a extra de Nadal. E máis sabendo que de promedio as pensións van subir un 0,25% para o próximo ano.

Coido que retirarme non o hei facer nunca, xubilado xa estou, polo que terei que centrarme en como investir ese aumento, non vaia ser que me vaia a vicio. Iso sí: procurarei non pensar que a Seguridade social tivo que retirar máis de cinco mil millóns de euros dos seus aforros para poder pagar a extra de Nadal, para non amargarme nestas festas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES