Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gracias, alcalde Roel

lunes, 16 de diciembre de 2013
Cando me enterei da morte do noso alcalde, Melchor Roel, sentín a necesidade de manifestar públicamente a miña gratitude a un Home a quen só coñocía de anecdóticas conversas, escasas, por coincidencias viveiresas.

O primeiro que cómpre dicir é que, cando un é un persoaxe público, sabe que vai ser ollado con lupa, e calquer defecto, que noutra persoa sería disculpable, será magnificado pola gleba para a que traballa. Sempre creín que hai que ser moi valiente para loitar por unha xente que moitas veces
non merece tal valedor.

Tamén creo saber que moitos dos cuiudadáns achéganse o gañador sempre na procura dalgunha posible prebenda. Outros, en cambeo, miran máis o servicio, aínda que iso implique ás veces críticas non sempre ben recibidas. Tamén existen os fieles, escasos, que creen no líder e na súa filosofía vital.

Contan de Melchor que era loitador, solidario, asequible, tenaz, compañeiro e outras fermosas cousas. E, certamente, cecais lles faltase dicir xeneroso, comprensivo,valiente, intelixente…

Tén que ser un moi loitador para chegar a un pobo no que se é forasteiro e labrarse primeiro un furado na sociedade, e logo alcanzar o cetro municipal, cunha filosofía sindicalista e esquerdosa nunha Terra de natural dereitosa con fondosas raíces caciquis. A ninguén se lle escapan as dificultades que se lle presentan a un forasteiro nun pobo pequeño e moito menos si vai coma sindicalista. Melchor tivo que arar moito.

Non vou a entrar en outras consideracións ideolóxicas porque cada un pensa como lle peta e iso xenera moitas controversias nas que non quero entrar. Hai tempo que superei isa dicotomía. Falo do Home que coñocín, da persoa que vín ser solidaria, asequible, dialogante e que procurou servir ó Pobo coa honradez que para si quixeran outros. Falo do Home de quen oín dicir que non era creente e, non embargantes, actuaba como requería calquer situación relixiosa e colaboraba co mellor respeto. Hai cousas das que non se presume, senón que se usan coa mesma naturalidade coa que falaba coa xente.

Deixei dito de entrada que non o coñocía de case nada, mais só recordo aquelo que di que “polos feitos os coñoceredes” e, habendo sido un alcalde coas súas luces e sombras, coma todo quisque, agradézolle os esforzos por un Pobo o que adicou moito tempo da súa vida có altruismo e isas virtudes que tantos recoñocemos.

Leccions de vida que para si quixeran outros. A miña gratitude e descanse na paz.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES